Thursday, July 26, 2007

God save the queen

Lendo sobre o asunto de "El Jueves" lembreime do asunto dos Sex Pistols. Estes elementos aló por 1977 sacaron esta lírica oda na que se falaban lindenzas da mesma raíña.

"God save the queen her fascist regime
It made you a moron a potential h bomb !

God save the queen she aint no human being
There is no future in englands dreaming

Dont be told what you want dont be told what you need
Theres no future no future no future for you

God save the queen we mean it man (God save window leen)
We love our queen God saves (God save... human beings)

God save the queen cos tourists are money
And our figurehead is not what she seems
Oh God save history God save your mad parade
Oh lord God have mercy all crimes are paid

When theres no future how can there be sin
Were the flowers in the dustbin
Were the poison in your human machine
Were the future your future

God save the queen we mean it man
There is no future in englands dreaming

No future for you no future for me
No future no future for you"



A eles non os secuestraron, claro, pero supoño que debe haber Monarquías e monarquías.

Curioseando

Levo un mes deixando que Feedbuner monitorice o meu blog e os resultados son interesantes:

Teño unha media de 13 vistas ao día (non son engadget), a maior parte dos meus visitantes usan Windows, navegan con Firefox, pasan unha media de dous minutos e algo no Blogue e veñen de... Madrid! Se queredes curiosear comigo aí tedes as capturas.

Art Institute

Pois si que fun e non esquecín a cámara, pero estiven máis interesado nas fotografías que en sacarlle fotos así que non teño documentos gráficos da visita.

Pola contra, mentres paseaba coa miña guía de turno atopei esta fermosa imaxe de Chicago que paso a compartir convosco.

Un, que é dado ás analoxías sinxelas, podería dicir que é unha alegoría da gran cidade destrutora de seres humanos, ou de como a modernidade acaba coas persoas. Pero sexamos serios, tirei a foto porque me chamou a atención e, de calquera xeito, non é para tirar foguetes.

Noutra orde de cousas, no laboratorio mercamos dúas caixas con roda para ratos, como esas que hai para hamsters, polo módico prezo de 1000$ cada unha. Un regalo, vaia. Iso si, veñen cun contador dixital e como resulten funcionar imos mercar máis e un computador para que conte as voltas. En resumo, que a este paso gastaremos 5000$ en xoguetes. Non ser se para nós, para os ratos ou para ambos.

Monday, July 23, 2007

Arte contemporánea

Non hai moito (onte), contáballe a alguén sobre a incongruencia de falar dun "museu" de arte contemporánea. Eu gosto especialmente dos grandes e famosos (quen non), porque son un cruce entre exposición para os sentidos e parque de atraccións. Se ben tamén recoñezo que non poucas veces me vexo superado por algunha das obras expostas.

Este semana estou planexando visitar o Art Institute da cidade, espero mudar o meu costume e lembrar a cámara.

A todo isto, a intención deste post era amosar cunha fotografía que non son o único en pasalo ben coa arte contemporánea.




Véndoos tan atentos até semellan xente seria ;)

Aprezo novas incorporacións e tamén que os bos e as boas seguen coma sempre. Bo sabelo.

Disculpade a licenza de colgar unha foto allea, é o risco de compartila comigo.

PS Algo rin, pero estaba no traballo e tiven que disimular.

Saturday, July 21, 2007

Wow

Antes da próxima BBQ aproveito para poñervos unhas animacións 3D sobre unha experiencia habitual pola que pasamos case todos e que, pese a non ter a máis mínima relación con cerebros, resúltame impresionante.

(Visto en Medtempus vía Menéame)

Friday, July 20, 2007

Espanha, ese pais libre

Como podedes deducir escribo desde un teclado yanki asi que perdoade a ortografia "creativa".

Acabo de enterarme de que a liberdade de expresion espanhola segue coma sempre e os de "El Jueves" van facer un monte de dinheiro coa publicidade que a Casa Real lles acaba de facer.

A verdade e que a min isto faime moito chiste e lembrame a cando Rob Zombie, creo que foi el, dixo que o "parental advisory" nos discos era o mellor xeito de vender musica. Do mesmo xeito perseguir unha publicacion leva a que todo o mundo se sinta atraido por ela. E se a intencion era evitar a publicidade da caricatura, a portada ofensiva para a monarquia esta agora mesmo en todos os xornais dixitais e seguramente en toda a blogosfera, co cal a orde de destruir o orixinal e so un xeito anticuado de actuar porque non vai acadar o seu obxectivo.

O mais interesante do caso e que a Casa Real non debe estar moi satisfeita co asunto isto porque semella que se lle foi das mans. Secuestrar unha revista e algo moi serio que normalmente a opinion publica non ve co bos ollos porque vai en contra idea de sociedade libre na que pretenden vivir. Supono que cando lle deron o aviso ao Fiscal Xeral do Estado (que debera chamarse Fiscal Xeral do Presidente, que e para quen traballa) e este activou os resortes da Audiencia Nacional esperaban unha multa ou un "susto". Desgraciadamente os xuices fixeron o seu traballo e aplicaron a lei (inxusta neste caso), e pareceme moi ben e coherente.

Agora a sociedade espanhola debe pensar se realmente quere un modelo de sociedade no que se pode falar e criticar todo menos a uns fulanos que viven cos seus cartos facendo nada e dando iso mesmo a cambio.

Normalmente non me defino como republicano porque iso podese dar por suposto, si son antimonarquico e desde logo antijuancarlista. Un individuo que tracionou ao seu pai, matou ao seu irman (irman menor pero poderia ter sido lexitimo heredeiro ao terse saltado Juanca a linha sucesoria), aprendeu o funcionamento do estado indo aos ministerios polas tardes, xurou os principios dun rexime calificado pola ONU como equivalente ao da Alemanha nazi ou a Italia fascista e, indo mais ao presente, matou un oso bebedo (sobre quen estaba bebedo hai unha longa discusion), non merece a minha confianza.

Ademais considero que un presidente de republica, sen ser unha republica baseada na democracia representativa o meu modelo de estado, ten moita mais capacidade de accion lexitima cun rei. Exemplo practico: durante a infame estancia de Ansar como presidente a meirante parte da opinion publica estaba contra mandar tropas a Irak. O rei puido actuar como xefe do estado que e para evitar este abuso, pero non o fixo porque nunca fai nada e porque, de telo feito, teria sido unha decision unipersoal dado que non lle avala ningun voto. Pola contra un presidente de republica pode deter a accion dun primeiro ministro ao estar soportado polos seus propios votos. Pasou en Portugal durante o goberno de Durao Barroso e pasou en Italia durante o goberno de Berlusconi.

Asi que a nova do secuestro da revista "El Jueves" alegrame por diversos motivos: amosa a verdadeira cara autoritaria da monarquia, e un exemplo da falsa liberdade de expresion en Espanha, leva o debate da monarquia a sociedade (ainda que non espero moito), vaille dar unha chea de cartos aos da revista (que non leo habitualmente pero bravo por eles) e pon ao Estado Espanhol ao mesmo nivel cos paises islamicos que se queixaban por aquelas caricaturas de Mahoma (no seu intre actitude moi criticada na Espanha civilizada e libre). Suponho que o rei aprenderia esas maneiras dos seus bos amigos os democratas gobernantes saudies, claro que polo menos eles queixabanse por ofender a un profeta que e moito mais cun rei.

Ou pensa Juanca que e un profeta?

PS Segundo Herald Tribune O xuiz Del Olmo dixo: "It could damage the prestige of the Crown,". Este home e un ironico, o que de verdade dana o prestixio da Corona e ter pedido unha actuacion contra unha broma (claro que a Casa Real di que eles non pediron nada). Hai poucas cousas peores que a falla de senso de humor e co que cobran e o menos que poderian ter.

Wednesday, July 18, 2007

Día friki



Comparto convosco o primeiro episodio do "século XX de James May" (James May's 20th Century) emitido na BBC e é demasiado bo como para non facelo. O Capitán Slow cóntanos sobre os inventos que fixeron algo impresionante co mundo durante o pasado século: encollelo.

Por certo, a tropa de Top Gear estará de volta a final de mes (ou en Agosto, a cousa é que voltan) cunha carreira por chegar ao Polo Norte entre unha pick-up 4x4 e cans de tiro. Seguindo a máxima de que se algo é bo sempre hai alguén disposto a queixarse, o de Greenpeace xa o fixeron.

Até entón quedamos con:

James May's 20th Century



hehe

Soñado doutro xeito por Castelao a xeito de confederación e proposto recentemente por Saramago. Esta é a visión dos portugueses:
http://img403.imageshack.us/my.php?image=iberiagrande1ww1.jpg

Saturday, July 14, 2007

Con calma


Case unha semana dun post ao seguinte, non está mal, será consecuencia indirecta do regreso dos meus xefes este luns. Teño algúns posts en mente pero polo dagora fáltanme as fotos. Por iso o de hoxe vaise quedar nunha anécdota con reflexión final.

Tras comer o mellor peixe desde que cheguei a Chicago en casa de Fabio (dono do barco, compañeiro de traballo e afortunado posuidor da casa máis fermosa que vin na cidade), saimos a dar unha volta o mesmo Fabio, Roberto e mais eu. Rematamos nun local interesante onde todo era pretendidamente "orgánico", desde as cervexas até a decoración. Ao pouco de chegar e diante do pouco animado que estaba o sitio Roberto decidiu que había que mudarse a outro local onde estaban uns amigos, eran as 11:55pm e se chegabamos antes das 12 o entrada serían 10$ despois 20$. Así que houbo que correr.

Cando chegamos había unha cola de xente pija (non ten outro nome, ok si: posh) vestidos de pijos, esperando a que unha tipa da mesma especie vexetal lles dese entrada previa revisión por dous humanoides gorila-wannabe con pinganillo como elemento distintivo da pertenencia e esa dexenerada especie pseudohomínida. Xa por principio non me gusta pagar para entrar en ningures, e menos nun sitio así. De favor cobrábannos os 10$ porque case eran as 12 pero claro, seica non lles gustaron os meus pantalóns.

Creo que o tipo se quedou un pouco volado cando en vez de discutir, arrastrarme, suplicar ou pagarlle 100$ por deixarme entrar cos meus pantalóns verdes con petos por todos lados de 9$ (oferta en GAP e os únicos decentes nesa tenda e no resto que visitei), puxen un sorriso de orella a orella porque me acaba de facer un favor. De calquera xeito Fabio tampouco quería entrar porque non era o seu estilo, ademais levaba uns pantalóns semellantes aos meus, e o único realmente danificado co meu estilo foi o bo de Roberto que realmente quería entrar.

Como compensación suxerín ir ao Ñ, un local arxentino con porteiros simpáticos (non se preocupan de como vistes, só de que teñas máis de 21 e o ID enriba). Durante o camiño e vendo a lixeira frustración de Roberto deume tempo a pensar. Ao principio estaba convencido de que a miña postura era a correcta, eu vístome como me dá a gana e mentres vaia limpo e se alguén non lle gusta que se foda.

Pero ao fin un non sae só, e realmente todo o que se me require é levar uns pantalóns normais, camisa e zapatos. É dicir, os principios son algo moito máis complexo que como se viste un. E por outra banda, se saes con máis xente e queren ir a un local con dress code, estás a obrigarlles a cambiar de opinión só porque decidiches vestir contra as normas.

Reflexionarei ao respecto, por sorte esta fin de semana toca ir a festivais e ao aniversario de Fabio en Humbolt Park, co cal non me preocuparei pola roupa.

Pásade boa fin de semana!

PS É que para min acaba de comezar :)

Sunday, July 8, 2007

De cando en cando non fai falla escribir








E un dato de interese, como pasa con algunhas pickup, algúns barcos neste país teñen unha barbacoa na popa!

Wednesday, July 4, 2007

Tuesday, July 3, 2007

Peras e mazás


Onte foi o picnic do departamento de Psiquiatría. Déronme de comer e regaláronme un reloxo, así que a UIC gáñalle á USC por un reloxo. Recoñezo, iso si, que a universidade compostelá deume bastante millor de comer cós yankis.

O ambiente era interesante: uns hispanos cociñando salchichas, polo e hamburguesas vexetais, algún dos peixes gordos do departamento preparando bebidas (sen alcol) e xelados, música ruidosa, mesas, xente e un buick do 67 vermello descapotábel que non pintaba nada máis que facer bonito no medio do céspede.

Cando xa estaba todo bastante en marcha Fernando, un profesor de castelán que convidamos a vir ao picnic, destacou algo. Nas mesas había orientais sentados con orientais, negros sentados con negros e europeo-USamericanos sentados con europeo-USamericanos. E así foi durante toda a xornada.

Vou aforrar a reflexión sobre o motivo de como a segregación chega a todos os lugares e clases neste país. Porque os problemas deixan de selo cando teñen solución.

A miña proposta é: a próxima vez poñer alcol nas bebidas.