A pasada fin de semana tocou visitar o norte de California e en concreto San Francisco. Tratarei de ilustrar con fotos algo do que foi pasar por esta cidade. Só con imaxes é complicado partillar convosco o que foi a miña estadía, para ter unha experiencia completa hai que ir. Eu estou por voltar, acéptanse candidatos. As resminiscencias galegas, nas cores e nas sensacións, foron constantes durante toda a estancia. Se até gamelas atopei! O primeiro día foi un tanto caótico por chegar tarde e despois do traballo. Pasar de conxelarnos no chairo Chicago a estar cómodos no exterior da icónica orografía de San Franciso foi un shock. Ademais, con iso de que aquí non morren, California está chea de sen-teito (paradoxas do país máis rico do mundo) co cal a nosa impresión foi aínda máis desacougante. Para eliminar a mala imaxe inicial e dado que de gran cidade xa levamos moito, o segundo día decidimos conducir catro horas pola California profunda para ver unha das reservas naturais máis grandes ...