Showing posts with label Bashkim. Show all posts
Showing posts with label Bashkim. Show all posts

Thursday, May 3, 2007

Por contextualizar

Sonche cousas que pasan, certamente aquí algúns aspectos do traballo son distintos. Lembro especialmente de Santiago que as luvas azuis só se podían empregar para manipular certos materias tóxicos, porque son caras. Para o resto eran as luvas normais de exploración as usadas. Nin que dicir ten que as luvas azuis de nitrilo molan moito máis e dan a sensación de estar facendo algo importante, dá igual que esteas a limpar algo.

Resulta que aquí non é igual, estiven traballando coas luvas azuis un ratiño porque eran as que tiña máis perto. Nalgún intre cambiei da laboratorio, quiteinas. cando voltei traballar xa non as tiña (soprendente, pasa cando deixas obxectos en sitios distintos). Cando fixen ademán de ir ao outro laboratorio a buscalas Ekrem díxome que sinxelamente collese outras (azuis tamén). Ao explicarlle que en Santiago facíamos por evitar ese desperdicio amosouse algo sorprendido. Depois xa me indicou que non me preocupase e collese as que quixese tam pronto as precisase.

Ao final, entre despistes e outras tonterías gastei tres pares de luvas de nitrilo... Queda claro que por segundo que aspectos da vida non hai moitas preocupeacións aquí.

Noutra orde de cousas, non son moi dado a facelo, pero mentres sacaba fotos tontas de chismes raros no labo acabei por facerlle unhas fotos aos meus compañeiros (Bashkim e Ekrem), máis que nada porque a xente soe ver raro que tires fotos de obxectos e non de persoas... e porque son bos tipos, coño!

Así que vos deixo algunhas para que vexades que sigo vivo (e máis gordo?) e por onde me movo.