Nas clasificacións psiquiátricas empregadas no mundo occidental diferéncianse catro tipos de esquizofrenias: a paranoide, a catatónica, a desorganizada e a indiferenciada. Algunhas clasificacións engaden a esquizofrenia simples e até aí soen chegar os subtipos. Mais na Unión Soviética, os psiquiatras tiñan un subtipo adicional, a chamada esquizofrenia progresiva ou esquizofrenia de progresión lenta (EPL). Este subtipo só afectaba ao comportamento social da persoa, ficando calquera elemento propio dos desordes psicóticos ignorados na síndrome. A presencia de criterios vagos permitía aplicar este diagnóstico a calquera individuo, e con demasiada frecuencia era aplicado a disidentes co obxectivo de sometelos a internamento afastados da sociedade. A EPL é un dos moitos exemplos de colaboración entre ciencia e intereses políticos. Orixinalmente foi proposta por Sukhareva (1937), unha psiquiatra infantil, para clasificar algunhas psicoses observadas en nenos. O diagnóstico foi posterior...