
Onte foi o picnic do departamento de Psiquiatría. Déronme de comer e regaláronme un reloxo, así que a UIC gáñalle á USC por un reloxo. Recoñezo, iso si, que a universidade compostelá deume bastante millor de comer cós yankis.
O ambiente era interesante: uns hispanos cociñando salchichas, polo e hamburguesas vexetais, algún dos peixes gordos do departamento preparando bebidas (sen alcol) e xelados, música ruidosa, mesas, xente e un buick do 67 vermello descapotábel que non pintaba nada máis que facer bonito no medio do céspede.
Cando xa estaba todo bastante en marcha Fernando, un profesor de castelán que convidamos a vir ao picnic, destacou algo. Nas mesas había orientais sentados con orientais, negros sentados con negros e europeo-USamericanos sentados con europeo-USamericanos. E así foi durante toda a xornada.
Vou aforrar a reflexión sobre o motivo de como a segregación chega a todos os lugares e clases neste país. Porque os problemas deixan de selo cando teñen solución.
A miña proposta é: a próxima vez poñer alcol nas bebidas.
Tuesday, July 3, 2007
Peras e mazás
Posted by
Ignacio
at
9:12 AM
5
comments
Labels: EUA, segregación
Saturday, May 19, 2007
O que só pode pasar nun país coma este (ou: conservadores os yankis, noooon)

Ante o enorme éxito dos dous post anteriores (irony), véxome obrigado a empregar dúas técnicas básicas para a supervivencia dun blog: polemizar e aproveitar o traballo feito por outros.
Os EUA caracterízanse por ser moi variados, podes atopar desde xente demasiado liberal e persoas absolutamente convencidas de que todo o que se di na biblia debe ser interpretado literalmente. Como exemplos do segundo hai de sobra nas noticias, voume centrar no segundo.
Descubro grazas á web 2.0 que entre as diferentes actividades dispoñíbeis para os alumnos das universidades máis antigas, e algunhas das mellores e máis ricas (que ven a ser o mesmo), dos EUA (as denominadas Ivy League) atópase a de facilitar o onanismo do persoal.
Vaia, que os undergraduate adícanse a editar unha revista porno na cales eles mesmos son os protagonistas. O movemento tivo tanto éxito que xa outras universidades de liga andan interesadas (bueno, as universidades non, os alumnos). E tivo unha repercusión económica tan forte que AOL-Warner mercou os dereitos INTERNACIONAIS da edición dun libro baseado na revista.
O sexo move diñeiro e o diñeiro move o mundo.
Que gran país!
Neste blog informan do asunto http://paisimaginario.blogspot.com/2007/05/la-warner-compra-y-distribuye.html
(non hai pornografía despois do link, perdón).
Así que xa sabedes nenos, a conseguir montar a primeira revista porno da USC e de paso montarvos no € pero eu paso de ser modelo que non me quero depilar.
(se non hai comentarios a esta entrada enfádome)
:)
Posted by
Ignacio
at
1:57 PM
8
comments
Labels: EUA, Ivy League, pornografía