Showing posts with label segregación. Show all posts
Showing posts with label segregación. Show all posts

Tuesday, July 3, 2007

Peras e mazás


Onte foi o picnic do departamento de Psiquiatría. Déronme de comer e regaláronme un reloxo, así que a UIC gáñalle á USC por un reloxo. Recoñezo, iso si, que a universidade compostelá deume bastante millor de comer cós yankis.

O ambiente era interesante: uns hispanos cociñando salchichas, polo e hamburguesas vexetais, algún dos peixes gordos do departamento preparando bebidas (sen alcol) e xelados, música ruidosa, mesas, xente e un buick do 67 vermello descapotábel que non pintaba nada máis que facer bonito no medio do céspede.

Cando xa estaba todo bastante en marcha Fernando, un profesor de castelán que convidamos a vir ao picnic, destacou algo. Nas mesas había orientais sentados con orientais, negros sentados con negros e europeo-USamericanos sentados con europeo-USamericanos. E así foi durante toda a xornada.

Vou aforrar a reflexión sobre o motivo de como a segregación chega a todos os lugares e clases neste país. Porque os problemas deixan de selo cando teñen solución.

A miña proposta é: a próxima vez poñer alcol nas bebidas.