Levaba xa un tempo querendo poñer unha pranta no meu cuarto. Hoxe fun a Home Depot (como Leroy Merlin pero ao grande) porque precisabamos unhas rodas para a mesa do comedor.
Por casualidade tiñan unhas estupendas orquídeas de Illinois por 16$. Este é o resultado:
.jpg)
Por agora luce ben, a ver se dura!
Thursday, June 21, 2007
A miña orquídea
Posted by
Ignacio
at
9:33 PM
5
comments
Labels: eu
Thursday, May 31, 2007
Non tan listos

E eu que tiña preparado outro post sobre ciencia! Vaia, que a miña operación para dominar o mundo avanza sen grandes retrasos. Os yankis, alleos ao meu pasado, tiveron a ven remitirme o meu número da seguridade social, co cal xa podo abrir unha conta bancaria, cobrar e o resto de actividades que soe facer un ser humano nunha cidade.
Polo tanto, a partir de mañá podo mudarme, aínda que non o farei até o domingo por motivos técnicos, e a partir de mañá podo ter conta.
Como dato anecdótico, hoxe decidín mercar galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) no supermercado. Pero cada vez que estaba tentado por algunhas había un ser obeso ao lado como dicindo: "se comes isto vas rematar así". Total, pasoume como tres veces, así que rematei por coller unhas galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) con pasas, que non lle deben gustar a ninguén, porque non había xente.
E moitas outras cousas, pero estou vago :)
Ah, e un regaliño para os compañeiros xerontólogos ;)
Por outra banda, realmente o número da seguridade social ven nesa merda de papel que vedes na foto. Todo o mundo insiste en que é super secreto, que o memorice, que non llo diga a ninguén, etc. E penso facerlles caso, ademais o meu é moi sinxelo de lembrar hehe.
Mira que quedou desorganizado este post!
Posted by
Ignacio
at
5:03 PM
4
comments
Labels: eu
Saturday, May 26, 2007
Un mes e dous días

Un sempre ten tempo nesta vida até que deixa de telo e entón xa non soe ser un problema. Esta frase levoume a unha divertida discusión con James, un farmacólogo nixeriano moi simpático que traballa no Instituto cunha "grant" do exército... Un home interesante e intelixente, teño que coñecelo mellor. Ademais ten unha habilidade impresionante para decapitar as enormes ratas que usa nas súas investigacións e iso non se ve moito.
Levo tanto tempo aquí que xa non me resulta raro saír de traballar e ver o skyline do downtown coa torre Sears presidíndoo, antes semellaba como un decorado pegado no fondo.
Tamén estou perto de ter casa, menos dunha semana, e con iso comezar a ver realmente que fago aquí, comezar a estudar, a ler e a sentirme como un habitante máis desta cidade.
Unha das cousas que distinguen a Chicago das outras mega-urbes (non mega-ubres) americanas é que os diferentes grupos culturais están bastante mezclados e só os negros de clase máis baixa están segregados da sociedade. Iso fai que nunha mesma festa se escoiten moitos idiomas e podas falar cunha persoa nativa de verdade, nativa colonial, hispana ou latina, europea dos lugares máis insospeitados e nin tan sequera terte movido dun grupo de persoas a outro.
Pero non está todo feito, aínda non teño número da seguridade social e iso significa que tampouco estou a cobrar o meu soldo, con todo o que iso significa. A ver se non tardo moito en ter unha conta bancaria con algún dólar dentro.
Apertas!
PS Non ven a conto pero aí vai unha de flores para os cochos de parte do cabalo de Troia que teñen en EL (in)MUNDO http://www.elmundo.es/elmundo/2007/05/15/descodificador/1179200715.html
Posted by
Ignacio
at
3:27 PM
5
comments
Labels: eu
Friday, April 27, 2007
Galiza en chicago

Ok, cheguei.
Onte ceei polbo á feira, polbo á brasa, mexilóns, peixe guisado e outros platos típicos de Chicago regados con Estrella Galicia... Debe ser esa clase de cousas que un pode facer nesta cidade, por certo, salvo o polbo a feira, o resto estaba espectacular.
Roberto resultou ser un gran tipo con unhas preferencias bastante nobles: divertirse e vivir ben. Ademais tamén semella ser un científico competente e con posibilidades de chegar lonxe. Pero estou aquí para falar de min mesmo, suficiente sobre Roberto.
Polo dagora a miña vida consiste en non caer co sono, construír frases coherentes e resultar amábel. Os meus xefes son dous venerables señores italianos, foron bastante amábeis comigo e déixanme a próxima semana para situarme. Polo pronto a miña única obriga é un seminario o luns na mañá.
Xa está, primeiro post feito, xa podedes criticalo.
Have fun!
Posted by
Ignacio
at
5:05 PM
10
comments
Labels: Chicago, estrella galicia, eu, facer nada, Roberto