Monday, December 8, 2008

O Santa-Express

Que os americanos teñen certa paixón innata polo espectáculo é algo que non debe coller a ninguén de novas. Algunha que outra vez quédalles algo burdo, pero outras a verdade é que conseguen facer sorrir.

Máis do segundo que do primiero ten o Santa-Train, porque a Chicago Santa chega en transporte público e para iso a cidade preparou un comboio axeitado.

Antes das imaxes só me queda dicir que a xente, adultos na maioría, semellaban gratamente sorprendidos polo experiencia porque o primeiro que facía era chamar polo celular para dicir que estaban no Santa-Train. Vaia, primeiro sorrían, logo collían caramelos e despois chamaban.













Tamén o interior estaba decorado dun xeito... propio. Desde logo, foi unha viaxe interesante :)






2 comments:

Martiño said...

Ten pinta de ser unha experiencia reveladara cando menos, agradable cando máis, viaxar no Santa-Express.

¿Fai traxectos durante todo o Nadal, ou só uns días en concreto?

Ignacio said...

Pois fai traxectos o mes de Decembro coma un tren máis, principalmente nas liñas con máis pasaxeiros. Teñen un calendario coas datas para que os pais podan ir cos nenos.

Unha experiencia interesante, como dis, pero non apta para epilépticos.

Vémonos no Natal!