Friday, December 19, 2008

Misterio

Como sabedes polos filmes, é bastante común neste lado do océano ter matrículas personalizadas. Básicamente cando un matricula o carro pode pagar algo máis e escribir básicamente o que lle dea a gana... dentro de certas limitacións.

Normalmente as vanity plates (como se chaman) son bastante estúpidas e non entendo moi ben cal é a graza de ter unha. Pero vaia, a tema é que no meu barrio de cando en cando pode ver este exemplo:



Francamente, ao principio pensei que era a típica praca dalgún lambe-biblias deses que infestan este país. A primeira vista di: "God is #1" ou Deus é o número un... Pero é que tamén pode dicir: "God is no one" ou Deus é ninguén.

Digo eu que postos a ter unha matrícula personalizada, mellor unha que dea algo que pensar ao que conduce detrás de ti.

4 comments:

amauta said...

pois semella que este home quere deixar un pouco co misterio. O caso é non mancarse.
En Cuba os que estaban personalizados eran os coches e non as matrículas. Mirei un Lada reconvertido en limusina. Aí queda!

Amarantear said...

...
quen sabe?
boa viaxe!

elunicopiny said...

De tódolos xeitos se ninguén é perfeecto e deus é ninguén, deus viría sendo perfecto.

Polo tanto se fora perfecto podería dicirse que é o número un.

Quen sabe quizáis signifique o mesmo en ambo-los dous sentidos.

Bo nadal

Anonymous said...

ta manhan. joe