Monday, September 22, 2008

Sarah Palin, a muller que pensa que os Picapedra están baseados nunha historia real

A verdade é que eu quería facer un post sobre política e sobre os candidatos á vicepresidencia. Pero non pode ser, porque McCain fixo os deberes e iso merece un post.

Para os non iniciados aclaro que o vicepresidente dos EUA é, obviamente, o presidente se a este lle pasa algo e, polo demais, abúrrese como unha ostra presidindo o senado (onde pode votar se hai empate) e indo aos actos onde o presidente é preciso pero este considera que non son de suficiente importancia. Constitucionalmente o vicepresidente non ten poder executivo, aínda que o presidente pode darlle poderes especiais se o considera, un bo e exemplo é o propio Dick Cheney que actúa como un primeiro ministro para que W pode batir o récord do presidente con máis días de vacacións.

Como podedes deducir, normalmente na campaña a elección do vicepresidente é bastante irrelevante e tradicionalmente considérase que pode restar votos ou ser neutral pero pouco máis. Afortunadamente neste caso vivimos unha excepción que vén de Alaska, ten a tenacidade dun pitbull, é unha hockey mom e chámase Sarah Palin.



McCain é vello, iso non ter porque ser un problema en política sempre que a un non se lle note moito, ademais é un tío (vaia que ten pito), ten demasiada experiencia en Washington e é un militar. Total, que para solucionar o de ser vello, escolleu a unha persoa xoven, para o de ter pito escolleu unha persoa con vaxina, para o da experiencia escolleu a alguén sen ela, e para o de ser militar escolleu unha xornalista deportiva con tropecentos fillos.

E menuda fixo!

Para comezar, de súpeto todas as nais de américa estaban superemocionadas que te pasas: unha delas pode chegar a vicepresidenta! De feito as fans de Palin (ela ten fans, por suposto) consideran o feito de que sexa unha delas a súa máxima cualificación. Outro mérito de Sarah Palin é que ao ter unha vaxina porque así, os ataques contra ela convírtense automáticamente nun ataque contra todos os seres con vaxina, co cal as críticas que os seus adversarion fan teñen que ser moi medidas. Pero sigan, que aínda hai máis.

A propia Palin definiuse nun chiste: "I was just your average hockey mom. I love those hockey moms, you know, they say, what is the difference between a hockey mom and a pit bull? Lipstick." Ben, cómpre clarificar unha cousa na cal o lector se cadra non reparou, Sarah Palin e un pitbull tamén comparten o mesmo grao de cualificación profesional.

Como dixen antes, tampouco é para tanto ao fin non se candidata a presidenta, pero é que McCain non só é vello, ademais ten unha seria tendencia a sufrir cancro. Así que nun período de catro anos non sería raro que realmente chegase a ser presidenta. Iso sen contar con que de non chegar a gañar McCain, esta muller voltará a tentalo, porque el a puxo na carreira, e se non é desta, será noutra ocasión.

Entremos agora na parte interesante da historia, quen ou que é Sarah Palin?

A nivel superficial a resposta é sinxela, é unha MILF e non ten relación co Monty Python Michael Palin.

Nun nivel un pouco máis profundo podemos falar das súas cualificacións académicas: estivo un semestre no Hawaii Pacific College pero as festas non debían ser moi boas porque de alí foi ao North Idaho College, onde pasou dous semestres en estudos xerais (algo así como humanidades ou non sei que quero facer), de aí foi á University of Idaho por outros dous semestres. A continuación foi ao Matanuska-Susitna College en Alaska por un curso académico e por último regresou á University of Idaho por tres semestres onde por fin conseguiu graduarse en xornalismo-comunicación. Iso si, non perdeu o tempo porque durante este periplo gañou o concurso de beleza de Wasilla, rematou terceira en Miss Alaska e conseguiu unha beca de estudos como Miss Conxenialidade.


Desde aquí todo sería despegar, de xornalista deportiva en TVs locais a alcaldesa da súa cidade por dúas lexislaturas e finalmente, no ano 2006, gobernadora de Alaska.

Pasemos agora a analizar a esta señora en serio. Sarah Palin cree que a terra ten entre 6000 e 8000 anos, o que ademais de deixar fóra de xogo a Guerra de Troia resulta un pouco preocupante en alguén que vai ter acceso aos botóns nucleares. O motivo de semellante aberración intelectual non é que se perdese algunha clase entre tanto ir e vir dunha universidade a outra. Non, o motivo é que Sarah Palin é cristiana. Concretamente é unha carismática, que é un tipo de pentecostalista.

A moitos isto pode parecervos irrelevante, ao fin de ser será vicepresidenta dos EUA e no peor dos casos presidenta. Lembrades a historia dos botón nuclear, non?

Os pentecostalistas pesan que a biblia é a guía para todo, o único manual que fai falla na vida, de feito pensan que todos, incluso os non cristiáns, deben guiarse pola biblia. Así, Sarah, sendo alcaldesa tratou de prohibir unha lista de libros na biblioteca local (como Harry Potter ou algo de Shakespeare). Pero iso non é o peor, o peor é que consideran que todo o que lles acontece é designio de deus, e que polo tanto deben aceptalo como tal.

Así, Palin ten tendencia a non pestanexar. Segundo as súas propias palabras cando McCain lle ofreceu o posto ela non pestanexou. É que non era McCain o que lle ofrecía o posto, era deus, e se deus quería que fose vicepresidenta, quen era ela para dicir que non.

Na mesma liña, cando a súa filla adolescente quedou preñada doutro adolescente, primeiro tratou de encubrilo, pero unha vez saiu á luz decidiu que o mellor era que os pais adolescentes casasen e tivesen o fillo. Ao fin non era o seu apoio á ensinanza da abstención como única opción nos institutos a que faiara, era deus mesmo o que decidira que algo así debía pasar.

Agora imaxinade comigo, imaxinade que o melanoma invasivo de McCain sae especialmente invasivo e lle fulmina as catro neuronas que lle deben seguir funcionando. Sarah Palin non pestanexa porque é deus o que a acaba de situar no sillón máis poderoso do mundo. Uns meses máis tarde aos rusos lles dá por bombardear unha base americana en Ukrania en resposta á colocación dun escudo antibalístico na mesma. Catro soldados americanos morren. Unha resposta inmediata e firme é solicitada polos militares no pentágono. Comeza unha escalada de ataques a obxectivos tácticos en países aliados.

Sarah Palin segue sen pestanexar, é deus de novo o que a está a poñer a proba e ela ten as armas máis destructivas do mundo. O conflito chega ao punto no que o seguinte paso é a destrucción mútua asegurada, os rusos deteñen o seu avance conscientes de que foron demasiado lonxe e prefiren negociar antes de non ver o seguinte mencer.

Pero a presidenta dos EUA pola graza de deus non ten ese problema, ela é carismática, ela coñece a verdade, a ela lévanlle dicindo por corenta anos que o fin do mundo está perto. E por fin ten unha revelación, é o momento, millóns de seres humanos van morrer, pero non importa, porque ela, que pensa que a terra ten 6000 anos e que descendemos dunha parella que falaba con serpes, sabe o que vai pasar.

Tras o delirio nuclear e a fin do mundo, os seus, os da súa secta, irán ao ceo con Xesús onde terán felicidade por toda a eternidade, e o resto (ti e eu) iremos ao inferno que é onde debemos estar.

Con esa idea na cabeza Sarah Palin non pestanexa e pulsa o botón que non debera existir.



Chamádelle esaxeración pedagóxica, pero creo que queda clara a miña opinión.

8 comments:

a.ma said...

pero como? Harry nunha lista de libros prohibidos?Lysistrata? pobre Aristófanes...
medo que dá a señora
que lle veña unha balea e q a pape, ou máis.

elunicopiny said...

O que me preocupa non é como é ela. Senon que aínda así exista xente que a vote.

Case mellor podían votar a Paris Hilton, para ver unha cara bonita.

amauta said...

Moi bo! Non é por anda pero eu penso copiar o da lista de libros banneados.
Sinto se che levo o "copirrait" pero fíxome graza-pánico (todo a un 50%)
Saudos!

AnnaRaven said...

Encántame a túa vea "didáctica".
Un post fantástico, bótasete moito en falta, meu.
Coídate e bicos á moza loira de acento ianqui :)

Anonymous said...

Iso de MILF como palavra (que non como concepto) eche un neoloxismo moi impersonal e un tanto machista.

Mr. Proper dixit.

Ignacio said...

Vaia Mr. Proper, se todo o que tiras desta entrada é que MILF é impersoal e un tanto machista, vai ser mellor que regreses ao instituto a facer comentarios de texto.

No mesmo paragrafo eu considero bastante más ofensivo xuntar a Sarah Palin e a Michael Palin, que queres que che diga.

E si, MILF (Nai que Gostaría de Foder ou NGF) refírese á apariencia física dunha persoa, pode ser superficial, non sei se impersoal.

Sobre se é machista: esa é unha bandeira que se levanta demasiado.

Se o pensas, que unha muller madura sexa considerada sexualmente atractiva vai en contra das tendencias actuais, as cales soen dictar que só as persoas xoves deben ser consideradas como guapas. E isto é especialmente máis grave no caso das mulleres.

Así que superficial pode, pero machista... mellor que mo expliques.

Anonymous said...

O que queria disir e que ghustame mais o de Maruxiña ou Manoli (...ou Ay-Mamita na súa versión máis cálida).

Mr. Proper redixit

Ignacio said...

Xa xa, iso din todos ;)