Tuesday, September 2, 2008

All together now!




A verdade é que me custou decidirme, fixen un montón de comparativas con distintas compañías e distintos modelos. Algunhas opcións quedaron fóra e ao final o tema quedou entre BlackBerry e o Iphone. Pero dándolle voltas ao matraquillo o Iphone seguía gañando, non era perfecto pero si era o teléfono que eu quería.

Vale que pola rúa só vexo douchebags con eles e que vou parecer un fanboy de apple, pero en definitiva, tras un mes de investigación, estaba decidido.

Até que me atopei co fillo parvo de Steve Jobs, que probábelmente traballa no departamento de foder aos usuarios.

Aproveitando o labor day (festa onde se celebra o que sufren as nais no parto -joke-) achegueime á tenda Apple en Skokie ao prever que a de Michigan Ave estaría até arriba de xente. Sabía que este era un risco grande porque o CI medio do empregado da flagship no Downtown está unha desviación típica por debaixo da media poboacional, pero é que o da xente de Skokie está dúas...

Con todo, lembrei o seu efecto talismán cando a primavera pasada fíxenme con tres Iphones 16gb e un Macbook pro no último momento.

Aí cheguei eu co meu sorriso, díxenlle ao tipo hortera de camiseta laranxa que me puxera na cola para os Iphones. A continuación un dos especialistas achegouse a min coa caixa do meu futuro teléfono... E neste punto a miña experiencia foi cercana a lidiar coa Garda Civil en Airbag (los papeles del coche).



O empregado que me atendeu era unha mezcla entre un skinhead e un geek sen luces. O primero que fai é pedirme un State ID (aclaro que nos USA non son obrigatorios e eu non teño un), pero esa xa a sei porque sempre me pasa e soluciónase sacando o carné de conducir español porque ten unha foto e un nome... Pero non esta vez, o tipo quédaseme mirando e me pregunta se son cidadán americano. Agora eu si que me quedo de pedra, respondo non e con cara de nin ganas coa merda de país que é este. Marcha a falar co encargado.

Regresa e afirma que non me pode vender o Iphone porque non teño número da seguridade social. Aclaro, si teño número da seguridade social porque se non a ver como me pagan o meu soldo, o skinhead geek mírame con cara de perdido, podo escoitar as súas dúas neuronas tratando de facer sinapse. Marcha falar co encargado.

Regresa e pregunta se teño a tarxeta, cousa que nin eu nin ningún americano no seu san xuizo ten porque todo o mundo sabe que ese número é segredo e se cho rouban poden suplantar a túa persoa. Con todo aclaro que sei o número de memoria. Pregunta se teño o pasaporte, comezo a sospeitar que os membros da gestapo que escaparon da alemaña nazi foron contratados por apple. Afirma que non me pode vender o iphone por motivos de seguridade. Pregunto que clase de motivos son eses, que se teño cara de terrorista (neste punto a resposta é si pero non o di). Pretende dicir algo de xente desbloqueando Iphones remata dicindo que nada de nada.

Pido falar co encargado, tras uns minutos aparece un tipo de mediana idade co pelo canoso. Explícame que para mercar un iphone fai falla:

To purchase and activate iPhone 3G, you need the following:*
  • Credit card
  • Social security number
  • Valid government-issued photo ID
  • Current wireless account number and password or PIN (if you’re new to AT&T)
Resposto que me sorprende que fosen capaces de vender tantos cunha política tan estúpida e marcho, obviamente. Alguén me suxire que todo é culpa de ATT que é algo así como Telefónica nos USA.

Pois ben, acabo de ir á páxina de ATT e mercar isto:



Todo sen presentarlle pasaportes, ID´s ou tarxetas a ninguén, todo coa mesma operadora do Iphone.

Cómpre salientar que a pantalla non será tan grande, pero polo menos teño un teclado de verdade e un GPS que dá direccións paso a paso. Ademais, claro, de acceso ilimitado a internet e a posibilidade de empregar a Balckberry como módem para o meu computador. Todo por menos da metade de prezo do Iphone.

Así que, unha vez máis: fódete Iphone!!!


4 comments:

elunicopiny said...

Toda unha experiencia meu!

Iso demostra que do amor ó odio hai un pasiño eh?!

Disfruta do teu novo aparello.

a.ma said...

bueno, eu é q quería pedirche un encargo da tenda esa...a do paisano de camisa hortera...
pero case que non,hahaha
(odiseas, odiseas, coidado rapaz q despois vas montar ti a tenda con tanto aparello)

AnnaRaven said...

Eu teño o número da seguridade social britón no móvil, porque paso de apredermo de memoria.
Normalmente nos hospitáis flipan con ese truco, non sei, debo ser rara.
Pena de Iphone, eu xogeui co de Alberto e o certo é que é fantástico pero eu acabei cun Nokia N81 máis barateiro que tamén ten wifi e fálase moi ben con macbook a traverso de bluetooth.

Biquiños, meu.

Anonymous said...

Ahora entiendes como me he sentido yo con el paratito de satanás XD XD