Saturday, July 19, 2008

Máis deseños

Case tanto tempo como o que levo agardando polo próximo gran salto en propulsión motorizada, levo agardando para tirarlle unha foto ao coche que vos presentarei de seguido.

Pero antes algunhas reflexións. Vaia por diante que non apoio a labor policial e sei que dentro de cada policía hai un ser inmaduro que non foi máis aló das series de TV americanas e dunha visión maniquea da realidade... Iso claro, cando non falamos dos antidisturbios os cales son famosos, non por levar un skinhead dentro, senón por selo. Aclarado que ser policía vale para que o teu fillo sexa o máis molón da clase até os 14 anos, entro en materia.

Resulta que nos poñamos como nos poñamos hai policías por todos lados, e postos a facer algo mellor facelo ben.

Unha das cousas máis importantes de ser policía é o carro, obvio, ten que ter luces, ser grande e facer que os malos se caguen nos pantalóns con só velo chegar.

Deste xeito, isto é un non:



A verdade é que ver a un madero chegar nun destes pode dar a risa, pero pouco máis.

No caso das policías autonómicas a cousa non mellora moita, especialmente no caso da (proto) policía galega. O último que souben deles é que lles deron uns Citroën C5, pero dos vellos, que son feos con ganas. Ademais a decoración dos coches da policía galega ten... certos problemas.

Así que desde o meu punto de vista a policía, en Galiza, ten dúas deficiencias: carro inaxeitado ao traballo de impresionar aos nenos/asustar aos punks e decoración indecente.

Quen ía dicir que precisamente en Chicago ía atopar a solución.

Para o primeiro problema, o do carro decente, propoño o Dodge Charger Police Edition. Inclúe suspensión reforzada, chan interior de goma (facilita a limpeza), un V8 de 5.7 litros ao que os yankis arranxáronse para tirarlle 340cv, luz frontal operábel desde o interior (indispenábel neste país)... Ten algún pequenos problemas, como a incapacidade de xirar nas curvas, o cambio automático (na caña do volante) e o consumo. Pero ten o importante: a presenza (foto de Jalopnik).



Polo tanto, solucionamos o primeiro problema, atopar un coche á medida das nosas necesidades. Agora queda atopar a decoración, de novo a cidade ofreceume o que necesitaba.

Teño que dicir que levo tentando facer estas fotografías meses, pero sempre había algo que me impedía tirala: era de noite, non tiña batería, o coche estabase a mover... O que fose, pero sempre se salvaba de ser retratado.

Por fin, atopeino só, aparcado, ben iluminado e sen policía dentro ou nos arredores, xa que estando como está o percal igual acababa deportado.

Como podedes observar, é perfecto, só hai que cambiar algún pequeno detalle e está listo para asustar aos botelloneiros e aos paisanos que levan o cocho no asento do acompañante, que se non lembro mal son as competencias da policía autonómica.



E a visión do frontal, a parte máis interesante deste modelo:



Ah, e seguindo co tema do deseño, no campo dos carros levamos máis dun século sen un salto adiante de verdade. Así que, dado que estamos no século XXI, só me queda dicir:


2 comments:

Turonián said...

Supoño que a faixa azul que leva ese modelo coa estrela axudou a que asociases á policia autonómica pero a última oferta que fixo o psoe (en gz) foi a de pedir o mando da guarda civil... En fin... Até Fraga era menos casposo

Amarantear said...

préstame un carro deses que marcho nel á Galiza...