Monday, February 4, 2008

SuperMartes!

Por se alguén anda perdido niso dos candidatos á presidente dos USA paso a contarvos a miña visión sobre os personaxes que aquí loitan por ser o que dirixa o país máis poderoso da terra:

Os republicanos teñen como mascota un polbo con cara de Cthulhu... chuthuluou se cadra era un elefante: republican

Ben, aclarado o da mascota, indícovos que Bush (fillo) é destes e Clinton era dos outros dos que falarei outro día.

No delirio de candidatos deste partido, o máis divertido de todos (e o único que non vai ser presidente así os USamericanos fumen cousas moi malas) é Ron Paul. O tipo é un xinecólogo nado en Texas e convencido de que todo o que hai que facer é seguir a Constitución e o camiño marcado polos Pais Fundadores. Isto fai que sexa un liberal no senso clásico do termo e por exemplo, a pesares de estar en contra do aborto, considera que a legalización e regulación do mesmo debe depender de cada estado da unión.

Pero o que nos importa ao resto do mundo soe ser a política exterior, e aquí é onde este tipo sáese. Considera que os USA non poden nin deben ser os policías do mundo, isto faino un non intervencionista. E, en coherencia, considera a guerra no Iraque un erro enorme e como presidente promete retirar as tropas. Ademais, moi sabiamente, opina que os problemas económicos actuais veñen desta guerra co seu gasto enorme. Algo de razón non lle debe de faltar por á administración Clinton (sen guerras) saíanlle as contas e á actual pídelle cartos a China.

Entre as súas rarezas frikis pero razoábeis esta o regreso ao padrón ouro no tanto de ter unha Reserva Federal onde fabrican un papel que cada vez vale menos.Tamén promete non subir nunca os impostos, a liberdade para ter armas e algunha cousa máis.

O seu careto é este: 478px-Ron_Paul,_official_Congressional_photo_portrait,_2007  

 

 

 

 

 

 

 

Outro tío raro é Mike Huckabee, tamén coñecido como o candidato de Chuck Norris (rir ou cagarse de medo queda á vosa escolla). En fin, este vai ser conservador dos de toda a vida. Para comezar, mentres Ron Paul é un tipo formado na universidade cun título de verdade, Mike estodou teoloxía e fíxose pastor baptista ou algo diso que hai por estes lares. Ah, tamén foi telepredicador, creo. Pouco máis, podedes intuír que a este lle vai a guerra.

Ok, estes dous eran de coña, vou cos dous que de verdade poden gañar.

Mitt Rommey pode ser o primeiro mormón en chegar á Casa Branca e ir por aí regalando bombas con Biblias e levando democracia aos países que lle parezan que teñen demasiado petróleo.  O tema da súa mormonidade causa sensación porque podería asumirse que de chegar a presidente tería un problema ao ter que escoller entre o mellor para o país e o que sexa que lle dicte o que sexa que teñan como papa na Igrexa dos Santos dos Derradeiros Días. Claro que iso sería como dicir que Aznar fixo o que sexa que lle dictase o que sexa que teñan como papa no Opus Dei (oh, wait!). Hum, mellor imos deixalo en que se JFK foi capaz de pasarse a opinión do papa polos forro dos c****ns non vexo motivo polo que este fulano non poda facelo.375px-Mitt_Romney,_2006

Como ser é empresario e dirixiu empresas de consultoría financieira co cal de cartos debe saber algo. É un graduado de Stanford isto significa que hai que telo en conta porque foi a unha boa escola. Coma moitos dos candidatos, foi gobernador, neste caso do estado de Massachusetts.

As súas ideas cambiaron moito pero a coherencia nunca foi o punto forte de ningún político. Con todo semella que aquí iso non o deben ter moi claro porque un dos rasgos caracterísiticos deste tipo é precisamente que cambiou demasiado de opinión.

Por exemplo estivo a favor da planificación familiar e do dereito a escoller (eufemismo para pro-abortista). Agora é pro-vida (eufemismo para non me importa se fuches violada polo teu pai e os seus amigos redneck bébedos, tes un trauma e risco de suidio, todo semen e sagrado e algo de culpa terías). Hum, esaxero, en realidade apoia o aborto en caso de violación, incesto ou para salvar a vida da nai. Por suposto está a favor da familia retrógrada (nada de homesesuais e poligamias)

Sobre o Iraque pois as súas ideas son máis gasto e máis tropas, así que xa vos facedes unha idea de que un pacifista non é. Está a favor da pena de morte e aínda que se opón á tortura nos interrogatorios si aproba as "tecnicas de interrogatorio avanzadas" (eufemismo de Bush (fillo) para tortura aplicada por militares ou axentes federais).

E para rematar cos do elefante, o meu moi máis favorito e o que ten toda a pinta de ser o candidato republicano á presidencia dos USA. Trátase dun tipo con todo o "bo" de Bush pero con algo que este non ten, o cabrón é intelixente e sabe soar razoábel (que medo!). Ah, estou a falar de John McCain, senador de Arizona.McCain

O tipo tivo un pai e un avó oficiais do exército así que foi a Academia Naval da Marina e o fixo tan ben que foi dos últimos da súa promoción. Non desanimado con iso aínda tivo ganas de irse ao Vietname onde o feriron de gravidade, foi prisioneiro de guerra e non o soltaron até que os USA se rendiron... o que quere dicir que se pasou un anos cos Charlies (cinco e medio, para os curiosos). Tras isto debeu decidir que xa estaba ben de traballar e meteuse a político (eu tería feito o mesmo no seu caso).

Está considerado un conservador entre os conservadores, ademais de neoliberal convencido (teno todo o chaval). Iso quere dicir que nada de sanidade universal, pena de morte, guerras... Para que vos quede claro, cando Bush dixo que se cadra había que estar 50 anos no Iraque el dixo que se por el fose serían 100 (ehem).

Con todo as cousas non son tan sinxelas, por exemplo mentres Mitt Rommey oponse á inmigración e pretende controlala (eufemismo para restrinxir e humillar aos legais e interrogar avanzadamente aos ilegais), McCain participou na elaboración dunha lei que tería permitido regularizar a situación de millóns (si, millons) de inmigrantes ilegais mediante a obtención da cidadanía. 

Ademais, é aí é onde se nota que o tipo e listo e que pasou por unha guerra de verdade onde foi tratado como un prisioneiro de verdade, considera que a tortura está fóra de lugar e inclúe nese apartado as "técnicas de interrogatorio avanzadas".

Facédeme caso, ten toda a pinta de que o candidato Republicano vai ser este tipo. E, a pesar de que todo o mundo conta cun presidente Demócrata, se alguén pode quitarlles a Casa Branca é este mariñeiro retirado.

E falando dos do burro. Sobre Obama (o posíbel primeiro presidente negro) e Clinton (a posíbel primeira presidenta sen pilila), falarei mañá (ou non). Pero xa aviso que se parecen tanto aos xa descritos e entre eles que pouco vai haber que dicir.

2 comments:

Amarantear said...

Interesante post, corresponsal Rivero...(eufemismo por "semella a galería dos horrores")
E eu hoxe amañando o do voto por correo...
Homer 4 president!

elunicopiny said...

Carallo!, si que investigaches meu.
Por certo, se todo esto acontece no super martes, que opina super piñeiro?