Wednesday, February 13, 2008

Odio os nachos

A pesar do nome do bló, da autorreferencia e de que podo comer case calqueira cousa os asuntos eses son como que moi noxentos.

Hoxe tiveron a ben poñelos como comida "elaborada" no comedor da universidade e case me dá por chorar. Teñamos en conta neste punto que a cafetería está a dous bloques (tamaño yanki) do Instituto e a temperatura ten dúas cifras baixo cero.

Facendo un pouco de historia os nachos naceron en México alá polo ano 43 nun restaurante cercano á fronteira con Texas chamado Victory Club. A lenda di que as esposas duns soldados USamericanos dunha base cercana chegaron ao restaurante cando estana pechado e facendo gala da famosa prepotencia yanki pediron ser atendidas. O coitado do chef, un tal Ignacio Anaya, colleu uns restos de tortiñas que quedaban por alí e algo de plástico laranxa derretido (aka imitación de queixo americano ou queixo amarelo de Wisconsin) e llos serviu como "Special Nachos".

A recita cambiou pouco desde entón e todos os intentos por mellorala só levaron a unha vianda inmunda só digna de serlle servida ao teu pior inimigo.

Por se non vos queda claro ou non os tedes na memoria tan ben coma min, este é o aspecto que teñen:

nachos

Si, hai que recoñecerlles o mérito de que é a única comida co mesmo aspecto antes e despois de ser vomitada.

Por se alguén o dubida, hoxe comín pizza.

7 comments:

Amarantear said...

puaggggggg :(

elunicopiny said...

a verdade é que tenha unha pinta apetitosa, entra polos ollos (sárcasmo, por se alguen non se derá de conta)

animo rapaz, que como din os de gadisa, coma na casa dos pas non se come en ningures.

Anonymous said...

Por certo...vin iso nada máis erguerme...que conste que eu aquí probei uns moi bos nun restaurante mexicano,pero estes...realmente teñen unha gran pinta,repuag...come pizza, si.
Desde aquí agradezo a MRW, á avoa de Bea,ás nais , a posibilidade que nos brindan de comer de cando en vez lacón, filloas ou polbo encebolado...
P.D. Mandádeme broaaaaaaaaaaa

amauta castro said...

A pinta e noxenta!

Anonymous said...

Conectate o luns despois de medianoite,spaniard hour. ¿viches o de economicas e maria san gil? ...menos mal que hay estudantes voluntarios dispostos a colaborar co reitorado na identificacion dos violentos (www.elcorreogallego.es, onte). marchamos a praia hoxe, e xa hai cereixas no super. con cambiar á hora dos veciños lusos non vai ser suficente....


...nham, nham...

Anonymous said...

hay ...hai ...ai..

Anonymous said...

Hoxe subín ao cumio dunha montaña, creme que as botas seguen a ir moi ben e prefiren terreos sen chuvia.Bicos, bon cap de setmana :)