Estas son algunhas vistas xerais do recinto, só parte porque está dividido en dous, no outro lado había outro tanto).
Haberá que falar un pouco máis dos carros yankis, toda unha incona cultural tanto aquí como alí. E para iso nada mellor cun bello coñecido que tras dar moita pena nos oitenta e noventa rexurdiu coma un superventas trala estela neoretro marcada polo VW New Beatle. Estou a referirme ao Ford Mustang, ese peaso de becho que na súa versión básica ten case 200cv pero o ABS é opcional. Frear ben é de tontos!
Este é o cu dun Shelby, feito por un fulano do mesmo nome que vive de poñerlle turbos aos Mustang para que vaian máis rápido... en liña recta. Por certo que o próximo Kitt vai ser un destes.
O stand de Hummer unha merda, especialmente tras ver o de Jeep. Non me cortei un pelo en dicilo ben alto, espero que non venderan nin un deses chismes de cores que contaminan moito para facer nada máis que ser feos. Esta era a novidade do día, un H3T (o H3 é o "pequeno" da familia, sendo o H1 a versión civil do que voa polos aires no Iraque).
Feo, cheo de luces e cromados, o gusto americano feito carro. Iso si, a cor non está mal...
Falando de americanos e cagadas, pasei polo stand de Saab. Esa marca que antes facía coches moi orixinais e agora fabrica Opeles moi caros. Dos Opeles non tirei fotos, pero do precioso prototipo que tiñan si, a ver se algún día os horteras de GM a deixan voltar ser o que foi. Ese capot interminábel é de impresión!
En International, unha marca de camións e outros chismes, tiñan unha pick up dos anos cincuenta moi mona, ademais de algúns tremendos chismes. O detalle dos gardalamas traseiros por fóra da caixa dálle un toque de distinción nada frecuente nun vehículo industrial.
E esta é a versión de Internacional dun Hummer, aínda máis grande é aínda máis estúpido. Tiven que tirar dúas fotos para conseguir telo de "corpo enteiro".
Mañá tocará falar das novidades, o Dodge Challenger, e das miñas conclusións. Até entón, disfrutade das fotos.
1 comment:
E logho...ghústanche os coches, rapaz?hehe =)
Post a Comment