Friday, February 29, 2008

Cancións e comparacións

Semella que os asesores de campaña puxéronse dacordo a ambos lados do océano e, como as comparacións son odiosas e por iso nos gustan, vouvos deixar cunha breve recopilación do que levamos.

O PP deixou todo en mans do powerpoint porque debe ser que non atoparon moitos artistas dispostos a cantar a súa "Revuelta Popular" (si, teñen unha completa ignorancia do significado das palabras, pero iso xa foi anticipado por Orwell).

O "buenrollismo" de Zapatero en conxunción cos artistazos que viven dos CD's e DVD's que comprades resulta no tema este que dá medo (coitado Benedetti).

E para rematar a Obama, ese candidato que de presentarse en España estaría lixeirísimamente á esquerda de Rojoy (básicamente os distingue a súa política de inmigración), lle deixaron este que mola moito más cós outros porque aparecen mulleres de escote xeneroso e polo menos se preocupan de mezclar a letra coas palabras do lider.

Brigado a Antía por facilitarme atopar esta última :)

3 comments:

Amarantear said...

Brigada a Nacho pola outra, non tiña nin idea...todo hai que dicilo...gañan os yankies en caras ghuapas.
Pobre, Benedetti, mare de deu :)

Amarantear said...

Brigada a Nacho pola outra, non tiña nin idea...todo hai que dicilo...gañan os yankies en caras ghuapas.
Pobre, Benedetti, mare de deu :)

elunicopiny said...

Pois se son chungas, carentes de sentido e aterrantes (por dicilo así) as sintonias; non intentedes ve-los espacios de publicidade gratuitos (de calquer partido incluidos maioritarios, iu, partido humanista e falange de la jons)eu non volvin durmir unha notie do tirón :S