Sunday, January 20, 2008

MacBook Air (II)

Aínda que este non é un blog de tecnoloxía, é o meu blog "y me lo f**** cuando quiero". Así que tralo pasmo que este luns me deixou o tío Jobs, paso a anlizar o que é, para min, o primeiro bluff do 2008: o MacBook Air.

jobs_mbair                                                                                                                                               (A cara de felicidade que ten, eh? Foto de Xataka)

O computador, desde un punto de vista do deseño exterior, é indiscutíbel por xenial. Ben que o deseño é cousa de gustos, pero meter un portátil en tan pouco espazo e facelo tan ben ten mérito.

E iso é todo o bo.

Para comezar o chisme ten só un porto USB, o que quere dicir que unha vez enchufada a correspondente memoria USB, indespensábel hoxe en día, quedamos sen ranuras para calquera outra cousa. Un pensa que dúas ranuras eran moito pedir, pero francamente eu non vexo o motivo. Poderíase argumentar que iso ten amaño cun concentrador USB pero iso de mercar un computador de superdeseño e minimalista para logo carregar un fedello deseñado por un chino bébedo non fai senso. Cómpre engadir a ausencia dun porto Firewire, feito sen desculpa posíbel e que pon este computador por debaixo dun MacBook en canto a utilidade e versatilidade.

Sobre o tema da falla de unidade óptica debo recoñecer que foi unha aposta dura pero non mal solucionada con iso de poder tomar prestadas unidades dos veciños sexan Mac ou PC. Sinxelamente penso que non era necesario eliminar o dispositivo se ben neste punto nin ben nin mal polo da solución atopada.

Os procesadores son feitos por Intel pero da xeración anterior, co cal o MacBook sae con mellor capacidade de procesamento. De todos xeitos o que trae o Air é máis que abondo para as necesidades do público laptop.

Por último, o prezo. Se este computador tivese o do MacBook negro, $1,499.00, aínda sería unha opción, ou incluso 100$ máis polo deseño, o teclado iluminado e os leds da pantalla. Pero $1,799.00!!! Por ese prezo moito mellor o MacBook negro con USB's, firewire, unha unidade óptica por se acaso e un procesador de verdade!!!

Porque realmente, por moi "pequeno" que sexa o computador só ven a ser máis delgado cun MacBook, pero polo demais ten o mesmo tamaño e inferiores prestacións. Cunha pantalla de 13'3" nunha mochila non vai salvar moito con respecto ao MacBook.

macbookcommodorecompare

Así que que a miña conclúsíón é que este computador non aporta nada a actual gama Apple. Trátase dun invento deseñado para o mercado de usuarios encantados de gastar pasta para ser o máis cool no Starbucks da esquina e pouco máis. Para traballar, tanto o seu irmán pequeno como o seu irmán maior (o MacBook Pro por só 200$ máis) son mellor opción.

En canto a min, seguirei esperando a MacBook Air 2g, no cal o teclado desaparecerá para ser un computador dunha soa peza: unha tableta táctil ou, o que é o mesmo, a tecnoloxía do iPhone aplicada a un iMac. É cuestión de tempo (ah, en pantalla de non máis de 12" Mr. Jobs, 10" sería perfecto).

Por agora, hai moitos computadores que son mellor alternativa ao MacBook Air, de feito se o que se quere é un ultraportábel, a miña suxestión é o Asus EEE PC 8G, por 579$. E se non, pois a esperar.

asus_eeepc_touch                                                                                                                                           (Sen comentarios. Foto da edición australiana de Gizmodo)

3 comments:

AnnaRaven said...

E un ordenador de presumir no tren e no avion e sacar e quedar todo guay nas conferencias.
O unico que ten e que e precioso... pero ... e que precioso!

Ignacio said...

Pois precioso é, iso creo que non o discute ninguén. Agora, botar fóra do peto 1700$ por un segundo computador (porque non vale como primeiro computador) paréceme un exceso.

Anonymous said...

Hola Nacho!!!

Llevo una hora volviendome loca con esta página para tratar de contactar contigo, primero entre en otra y deje un mensaje para ti, te aseguro que era casi igual que esta solo que las fechas hablaban de 2007 todo el tiempo.

Bueno me presente, soy la hija de tu madrina, si si la que siempre te decían que estaban en suiza.
Hoy estuvimos con tu madre, y me puso al día sobre tu estancia fuera de Vigo y esta página para poder contactar contigo.
Si te parece oportuno me gustaría escribirte, no se si te ape...por supuesto sin compromiso, pienso que yo siento una deuda moral para contigo.
Te dejo mi correo por si decides escribirme.
mauricio.conchi@gmail.com

Un beso.