Monday, December 3, 2007

Pero!?

A verdade é que a vida do manipulador informativo éche moi dura. Un empéñase en defender formas alternativas de ver a realidade e esta de cando en cando vai e devolve o golpe. Normalmente estes sucesos non son perigosos para a figura do manipulador, especialmente se un anda a manipular cousas que quedan moi lonxe do alcance dos manipulados.

Os exemplos son múltiples: Iraque, Cuba, Venezuela, Prestige... Pero imos centrarnos en Venezuela, que comparte hoxe portada no diario dos progres españois (aka El País) cos insultos dos reaccionarios contra Zapatero.

Vai ser que Chávez perdeu o referéndum, que me dá bastante igual vaia, pero un debera preguntarse: non dicían na COPE, El País, T5, etc que Chavez era un dictador absoluto con poder ilimitado? Non era que controla todos os resortes democráticos do país? Non era esta unha elección amañada? Pois vai ser que non moito porque perdeu.

Xa o home non as tiña todas da man cando tivo que aproveitar a excusa dese tipo tan campechano e encantador que tempos por xefe de estado sen que ninguén o votase (nin tratase de botar) para amosarse forte diante dos venezolanos, ou as ameazas aos EUA con non venderlles máis petróleo co mesmo fin.

Total, que perdeu o referéndum, por pouco, e nótase cada vez máis unha fractura no seu país.

Veremos que din agora os medios informativos españois, en defensa dos intereses españois na zona e sen vontade algunha de informar, sobre o caso.

4 comments:

Anonymous said...

Vese que o dictador venezolano é o único nexo que nos une. Polo menos hai algo novo. A xente xa comentaba. Estou de guarda. Pasate polo messenger.

Meripousita said...

votávaseche de menos!!! suscribo a túa opinión. ¿cando volves?

Anonymous said...

Si,pois resulta que chavez mostrou a sua ditadura ao mundo. Maldito fascista!
Que noooonn! Que estou de brincadeira. Perdeu Chavez, perdeu a democracia e perderon os valores revolucionarios...Pronto no meu blogue o meu analise eleitoral...Deica!
Viva o ALBA!

Anonymous said...

Ains,
que no ves que es un ogro que se come niños?? y además intenta fastidiar a las empresas españolas!!! no tienes ni orgullo patrio ni na :)
en fin, como si a los curritos de a pie nos importase mucho lo que les pase a las grandes compañías enegéticas (si me apuras, hasta nos da morbo que les den por saco)
Pero, para mucha gente, pensar duele, y si lo dice la tv, es cierto....