Friday, November 2, 2007

Halloween 2007

102_0405Pois si, tralo 4th of July e Thanksgiving, a que probábelmente é a festa máis americana de todas xa consta na miña biografía (obviando adaptacións galegas da mesma dignas de todo respecto).

O tema básicamente ten a versión infantil, que consiste no que sabemos das pelis: nenos disfrazados indo de casa en casa pedindo caramelos. Pero as pelis minten e esa imaxe bucólico-urbanita vese adaptada á realidade da psicoloxía yanki pola máis real imaxe de grupo de nenos escoltados por un adulto en cada esquina recibindo caramelos de adultos esperando por eles na porta da casa. Como podedes imaxinar eu disto tirei unha boa colección de doces que, como neno grande, merquei relixosamente no super no canto de ilos mendigando por aí.

Despois temos, obviamente, a versión adulta na cal, segundo o comentario das miñas compañeiras de piso consiste en vestirse coa saia máis curta posíbel e pagar moito por un vestido coa menor cantidade de tela unida de xeito estratéxico. Este dato foi confirmado por nativos e tamén pola miña propia experiencia. Desgraciadamente non teño rexistro gráfico dese particular porque esquecín a cámara.

Pero, por sorte si teño rexistro da festa de Deanna na cal todo foi bastante tranquilo, como se pode ver nesta foto miña cunha banana e un tipo anónimo.133-3317_IMG






A festa estivo caracterizada por un san espírito competitivo baseado nunha serie de deportes festeiros característicos da vida universitaria americana. Nada que teña visto antes reflexado na séptima arte pero reocoñezo que ninguén parecía sentirse ridículo con aquilo.

Nesta foto podemos apreciar o que para min doi o disfrace do século, denominado "dick in a box". Para que vos fagades unha idea clara do asunto adxunto versión masculina e femenina (!?) da complexa vestimenta.133-3316_IMG

Wtf? Si, iso pensei eu, pero nesta vida de científico que levo, un pode atoparlle explicación a todo a nada que se poña. A solución explicativa deste disfrace está, como non, no sempre pedagóxico youtube.

Ben, non é a versión habitual pero é que a estas alturas da película hai demasiadas versións libres e paso de andar mirando vídeos de adolescente bébedos...

E para rematar unha foto miña coa anfitriona na que se ve perfectamente o meu disfrace de "Quasimodo"...

Clipboard01

7 comments:

Meripousita said...

I hope you haven´t put your dick in a box!
jajajaja Que te estás a volver moi yanky tío!

Anonymous said...

bonito disfraz de pirata frances, facias xogo coa anfritiona (mmmmm, picame o naris....)
Tiñas q disfrazarte dalgo tipico do pais, coma de garrulo coa sua fouce, de narco-arousán, de pataca, ou mr potato.
mira ó rapaz q ia de banana (poderiase facer un estudio sicoloxico-sexual, de porque ía disfrazado dun elemento cunha clara simbloxia falica).
xa nos veremos meu

Anonymous said...

...aupa Halloween...quen cho ia disir eh.

AnnaRaven said...

Tes máis cara de Pirata da Ría ca de Quasimodo, pero bueno...dille a anfitriona que pode pasar pola filla do gobernador, e vía
Bicos

elunicopiny said...

Como único acertante da temática do teu disfrace, creome en dereito de dicirche que esas coletas favorecenche moito, pero fante parecer máis unha personaxe de asterix que a Quasimodo.
e o do pirata, a verdade e que tamén o parece.
A suxerencia de rubén e moi boa, aínda q non dou concevido o disfrace de narco-arousan.
Pero no meu piso xa estamos preparando o entroido, e o noso disfrace vai sela bomba; se queres saber por onde van os tiros busca en youtube o videoclip de extasí de Chimo Bayo.
Unha aperta

a.ma said...

O entroido queda lonxe pero como isto de disfrazarse debe ser algo que lle gusta a toda persoa de ben...eu terei festa de disfraces no Nadal...cousas dos amigos, típicas, típicas pero excusa para reunir á xente. Xa escollín o meu disfraz.Requisito:prota de película como che dixen.Pedín máis axuda e...non sei que problemática tedes os homes: aos tres que lles preguntei coincidiron co xa escoitado.Kill Bill.Sen comentarios.
P.D. Ninguén vai de morto pero creme que a festa esa co plátano e o das caixas...dá medo de carallo.
Puideches ter ido de Santa Compaña, o de narco mola...

Anonymous said...

El morenito disfrazado de plátano es TOTAL!!!