Thursday, August 16, 2007

A onde se vai o Naxo?




Yep, a Key West, onde espíritu de Hemingway coida gatos polidactílicos e as praias teñen cocodrilos na area e tiburóns na auga (ben isto é invento meu para darlle emoción).

Tamén visitarei Miami por insistencia da miña compañeira de piso, pero só un día. Como dixo un amigo yanki: o mellor de Miami é que está tan perto dos EUA... E ao fin, o único interesante nesa cidade debe ser Silicon Valley, entendido na acepción clarksoniana.

Así que cun pouco de sorte agárdame unha fin de semana de sol, praia, corais, flamencos, algún museo e pode que tamén furacáns e membros perdidos en pro da alimentación da fauna local.

Se son capaz de non deixar a cámara atrás e me lembro de collela antes de saír do hotel colgarei algunha foto propia.

Ciao!

3 comments:

Camiseta Personalizada said...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Se você quiser linkar meu blog no seu eu ficaria agradecido, até mais e sucesso.(If you speak English can see the version in English of the Camiseta Personalizada.If he will be possible add my blog in your blogroll I thankful, bye friend).

turonián said...

Esa é a bandeira do concello ou do estado? Curiosa cruz de Santo André, se me deixase levar comezaría a artellar unha hipótese gaelico-galaica-arcoatlantista-experimental cun toque yeye pero supoño que terá que ver coa bandeira da monarquía española así que chof.
Cunprimentas e boa viagem!

Ignacio said...

É a bandeira do estado e foi vela e pensar que che faría ilusión. Sobre a historia nada sei pero non creas que hai moito do legado español na cultura local así que calquera teoría pode ser certa.

Buf, non sabes o ben que o estou a pasar!