Monday, August 20, 2007

Ela

Ademais de ser o nome que finalmente acadou unha bola de pelo con patas mercada na Serra da Estrela que agora vive feliz no Verdugo, este pronome feminino sérveme para agochar a identidade dunha americana que deixou unha profunda pegada tras topala e acompañarme pola miña pequena excursión a Florida.

O seu principal defecto, e comezo polos defectos, ademais da súa nacionalidade é que lle falta algo de cabeza. En realidade para moitos esa ausencia é unha virtude. Eu pasei de unha opinión á outra só con coñecela.

Ela é de esas que se empeñan en poñercho todo fácil, de tal xeito que ao final un remata por non ter que facer nada, ou case nada, para manter a relación en correcto funcionamento. Este é outro dos seus defectos-virtudes, ao principio resulta un pouco agobiante o seu empeño por querer facelo todo pero ao final un descubre que o único que fai é comportarse como se lle supón no ambiente no que naceu.

Cómpre salientar, por suposto, a súa beleza. A pesar da súa nacionalidade no posúe demasiadas estridencias e incluso resulta algo clásica, diría eu. Nótase a ascendencia USamericana na súa talla pero dun xeito equilibrado, sen excesos.

Non vou dicir que namorei, porque sería esaxerar, pero recoñezo que algo si me tocou. Fóra dos seus evidentes encantos externos, a docura e previsibilidade do seu comportamento son inegábeis.

E o mellor de todo, ela está disposta a acompañarte e darche o que lle pidas por tan só 25$ ao día.

A estas alturas debera ser obvio que non falo dunha persoa, estou a falar dun fermoso Chrysler Sebring '06 vermello (se tivese sido azul como eu quería tería sido "el").

4 comments:

Irenita said...

Hola Nachete!!

¡Menos mal que hablabas de un coche, porque creo que a tu madre no le iba a hacer mucha gracia que te echases una novia Yanqui. ¡Qué como las de la tierra no hay!

Por cierto, Ela se está poniendo bonita, ya que le ha crecido bastante el pelo. Es un poco inquieta, pero simpática.

Por cierto, me alegra saber que no te haya mordido ningún tiburón, caimán u otro bicho de la zona.

Besos,

AnnaRaven said...

Uff...
coido que son lesbiana...
se fose azul seguiría a ser hetero... pero sendo bermella..

Gabriel said...

tss-tss, que vergüenza, despúes de tanto intríngulis y...

no era mas q un coche! (un poco coche de menopáusica, no?)

Currelos Jones said...

tienes un corazón que funciona con valvulas engrasadas, con pistones bielas y cigüeñal. pero también un alma descapotable.


viaja por los USA, que requisito imprescindible para realizar un viaje transoceánico es que el guía exiliado conozca el terreno.

cuídate.