Friday, July 20, 2007

Espanha, ese pais libre

Como podedes deducir escribo desde un teclado yanki asi que perdoade a ortografia "creativa".

Acabo de enterarme de que a liberdade de expresion espanhola segue coma sempre e os de "El Jueves" van facer un monte de dinheiro coa publicidade que a Casa Real lles acaba de facer.

A verdade e que a min isto faime moito chiste e lembrame a cando Rob Zombie, creo que foi el, dixo que o "parental advisory" nos discos era o mellor xeito de vender musica. Do mesmo xeito perseguir unha publicacion leva a que todo o mundo se sinta atraido por ela. E se a intencion era evitar a publicidade da caricatura, a portada ofensiva para a monarquia esta agora mesmo en todos os xornais dixitais e seguramente en toda a blogosfera, co cal a orde de destruir o orixinal e so un xeito anticuado de actuar porque non vai acadar o seu obxectivo.

O mais interesante do caso e que a Casa Real non debe estar moi satisfeita co asunto isto porque semella que se lle foi das mans. Secuestrar unha revista e algo moi serio que normalmente a opinion publica non ve co bos ollos porque vai en contra idea de sociedade libre na que pretenden vivir. Supono que cando lle deron o aviso ao Fiscal Xeral do Estado (que debera chamarse Fiscal Xeral do Presidente, que e para quen traballa) e este activou os resortes da Audiencia Nacional esperaban unha multa ou un "susto". Desgraciadamente os xuices fixeron o seu traballo e aplicaron a lei (inxusta neste caso), e pareceme moi ben e coherente.

Agora a sociedade espanhola debe pensar se realmente quere un modelo de sociedade no que se pode falar e criticar todo menos a uns fulanos que viven cos seus cartos facendo nada e dando iso mesmo a cambio.

Normalmente non me defino como republicano porque iso podese dar por suposto, si son antimonarquico e desde logo antijuancarlista. Un individuo que tracionou ao seu pai, matou ao seu irman (irman menor pero poderia ter sido lexitimo heredeiro ao terse saltado Juanca a linha sucesoria), aprendeu o funcionamento do estado indo aos ministerios polas tardes, xurou os principios dun rexime calificado pola ONU como equivalente ao da Alemanha nazi ou a Italia fascista e, indo mais ao presente, matou un oso bebedo (sobre quen estaba bebedo hai unha longa discusion), non merece a minha confianza.

Ademais considero que un presidente de republica, sen ser unha republica baseada na democracia representativa o meu modelo de estado, ten moita mais capacidade de accion lexitima cun rei. Exemplo practico: durante a infame estancia de Ansar como presidente a meirante parte da opinion publica estaba contra mandar tropas a Irak. O rei puido actuar como xefe do estado que e para evitar este abuso, pero non o fixo porque nunca fai nada e porque, de telo feito, teria sido unha decision unipersoal dado que non lle avala ningun voto. Pola contra un presidente de republica pode deter a accion dun primeiro ministro ao estar soportado polos seus propios votos. Pasou en Portugal durante o goberno de Durao Barroso e pasou en Italia durante o goberno de Berlusconi.

Asi que a nova do secuestro da revista "El Jueves" alegrame por diversos motivos: amosa a verdadeira cara autoritaria da monarquia, e un exemplo da falsa liberdade de expresion en Espanha, leva o debate da monarquia a sociedade (ainda que non espero moito), vaille dar unha chea de cartos aos da revista (que non leo habitualmente pero bravo por eles) e pon ao Estado Espanhol ao mesmo nivel cos paises islamicos que se queixaban por aquelas caricaturas de Mahoma (no seu intre actitude moi criticada na Espanha civilizada e libre). Suponho que o rei aprenderia esas maneiras dos seus bos amigos os democratas gobernantes saudies, claro que polo menos eles queixabanse por ofender a un profeta que e moito mais cun rei.

Ou pensa Juanca que e un profeta?

PS Segundo Herald Tribune O xuiz Del Olmo dixo: "It could damage the prestige of the Crown,". Este home e un ironico, o que de verdade dana o prestixio da Corona e ter pedido unha actuacion contra unha broma (claro que a Casa Real di que eles non pediron nada). Hai poucas cousas peores que a falla de senso de humor e co que cobran e o menos que poderian ter.

4 comments:

AnnaRaven said...

Xa sabes que Juanca e un home "campechano" polo tanto el nunca se mostraria en contra dunha broma.
Eu tampouco merco O Xoves pero tenho a un par de conhecidos que traballan para a revista, asi que espero que vendan moitisimos numeros para que lles dean cartos.
O certo e que vai ser unha das mais famosas portadas da historia dese pais que se chama ESpanha, do seculo XXI

bicos

Rubén said...

supoño que non o saberas, pero entereime, que as imaxes apareceron primeiro "aqui hay tomate" un programa que emite tele5 ao mediodía, despois das noticias, senon eu creo que ninguen se daria de conta, a miña nai preguintoume, que o nome da revista, eu dixenlle: el jueves; e ela me dixo: "el nombre, no cuando se publica" con esto quero decir que non todo el mundo coñecia a revista antes do suceso, ben agora pasa todo o contrario. unha aperta

Ay Carmela said...

Como todo nesta vida. os mezquinos cortos de mira fan que os seus propios actos volten contra eles nun efecto boomerang.

por outro lado contamos con dous factores: a audiencia nacional que é un facho anacrónico con concentración de fachas e fascistoides, cuxa existencia, igual que a do Consello do poder Xudicial, hai que plantesarse seriamente. e polo outro lado o control da fiscalía xeral polo Goberno, que lóxicamente está en concubinato directo coa coroa, coa que comparte mais ca simpatía.

asín que as ordes directas dun goberno interesado, a solicitudes dunha casa real, nun ambiente de castración informativa sobre unha familia de ladillas prespuestariamente incontroladas, apoiadas nunha institución xudicial reaccionaria, seran o combinado dun secuestro mediático que como resultado produce un interés mediático e unha publicidade nunca vista. superando con creces o posible perxuicio económico que sufrira.


haberá que esperar a saída da Sentencia e dos diferentes recursos, a ver como se explica tanta cousa.


por outro lado, un atentado contra a dignidade ou honor, está baseado en inxurias ou falsedades mais non na clave humorística, que permítese dentro da nosa tradición de liberdade de expresión, recente tralo franquismo.

Asín mesmo non me lembro que se prohibise nada cando saiu sharon debusado como unha cachola de porco, sendo un debuxo muito mais despreciativo que o actual.

se a cousa é polo príncipe, que nin é xefe de estado, nin ostenta ningún cargo oficial... teñen os principes ou gobernantes mais dignidade que o resto dos cidadáns.??


isto débese debatir cun par de botellas de licor café, e puritos revolucionarios.

saúdos nacho.

Anonymous said...

...insisto, el único que puede estar ofendido por la portada de la revista es el ex-marido de Letizia...


...saudos from the Conxciencia. friend...