Wednesday, June 27, 2007

As veces algo desastre si son -v1.0 (beta)-


Vale, esquecín a cámara... outra vez.

Como ás catro da tarde estaba eu a pensar no concerto de Carlinhos Brown cando comezou a caer unha desas treboadas impresionantes típicas da cidade. Tendo en conta o sol que lucides en Compostela e arredores, pensei niso de que nalgures estará a chover se aquí vai sol.

Total, que quedei traballando (si, de verdade que estaba traballando) até que recibín unha chamada de Roberto preguntando se xa estaba na casa. Ao parecer, con isto de que os xefes marcharon de vacacións, era o único que pringao que seguía no laboratorio. Marchei, chovía, molleime, dinme conta de que esquecera o computador, molleime, volvín ao laboratorio, volvinme mollar e cheguei a casa.

Ao final fun coa bici, molleime, a casa de Roberto e decidimos aplicar esa máxima de que os homes non están feitos de azucre e polo tanto non desaparecen coa choiva. Vaia, molleime indo ao concerto.

Alí deixou de chover e eu de mollarme, descubrín que non se pode bailar nos corredores centrais das butacas porque os señores grandes de seguridade din que é perigoso... Semella que debes de un concerto do Carliños sentado!

Non sei como acabamos facendo unha especie de conga polo medio das butacas, fumos diante do escenario e o Carlinhos baixou e púxose diante (intre no cal a conga pasou de estar composta por 10 persoas a un número que tende a infinito), a partir de aí os tipos da seguridade do parque comezaron a mirarnos peor cá antes, cando bailabamos nos corredores, e impedirnos o paso. Pero como son aglosaxóns pensan que por dicir que non se pode pasar unha vez non imos ver como facelo por outras vías.

Foi divertido, sen fotos, pero divertido. Con sorte a web 2.0 proveerá.

Rematei falando de Chomsky e Watzlawick (DEP) mentres comía polbo grellado.

PS Tmn descubrín que me gusta montar en bici por Chicago á noite

3 comments:

Anonymous said...

Así que extendendo os costumes lúdico festivos do sur, no ortodoxo e abigarrado norte? Interesante, moi interesante. A cara dos de seguridade debeu ser un poema...

Cantos concertos interesantes en terrras estadounidenses... A ver cando me podo resarcir eu con algún por estes lares.

Anonymous said...

Pequenos praceres:
pasear as rúas de noite teñas bici ou non,
choutar nos corredores nun concerto ( e si...cando a túa fila é a primeira en botar un dancing e logo todo o mundo se une mola máis).
O sábado que vén cambiarán as cousas:
percorrer un pequeno pobo de noite e choutar preto do mar mentres a música sona. Non haberá que facer esforzos porque acho que o público vai estar entregado á causa etílica e "dancística"...

Por favor...hoxe de cando en vez repasa mentalmente en que equipo estás e ponlle unha marca á portería...polo do gol claro,hehe.Consello desde Galiza.

Ignacio said...

Erguinme tarde para o partido de fúmbol, así que nada. Como moito ir ao unha cousa chamada Taste of Chicago con mogollón de comida yanki no Downtown. Pero ten unha pinta de estar cheo de garrulos...