Saturday, May 5, 2007

Día longo


Pasaron moitas cousas hoxe e ningunha cabe nun post. Teño a cabeza dar voltas, o meu nirvana persoal rematou.

Por certo, un consello que serve para a vida pero é especialmente certo nos EUA. Se eres muller e bebes até case perder o coñecemento, procura que os teus amigos non te perdan de vista (e procura que os teus amigos o sexan realmente), porque aquí a xente vai ao que vai.

Como podedes supoñer ao final do día, longo, saín dar unha volta con Roberto e Bashkim. Estivemos nun clube bastante semellante ao que eu esperaba da cidade (para os frikis, tiña moito de Succubus Club), pero a xente aquí é rara de carallo. Cando non beben son normais e simpáticos, pero de festa... perigosos.

Deixovos unha foto do kebab que me comín despois, os de Compostela son mellores sen dúbida.

Pregúntome se este día sería tan raro por beber auga ao lado dun contentor radioativo (agora xa sei que non debo facelo), quen sabe.

4 comments:

David Vállez said...

¡Qué ya te comió la oreja alguna? Si cuentas las cosas, no lo hagas a medias... creo que soy el primero en contestarte porque el resto está de resaca (como los del club tuyo, jeje)

Un saludo tio

Anonymous said...

Hola Nacho!!

Ya me han comentado que tienes un blog, así que por aquí ando, echándole un vistazo.

Está muy chulo, y así nos tienes a todos muy informaditos de como te van las cosas.

Bueno, ya te escribiré.

Irenita

Anonymous said...

Moi boa pinta non che me ten!e o batido...de morangos? non,meu!solidariedade coa especie!
O meu cravo sobrevive na mesa do cuarto compostelán,despois xa sei onde o debo gardar, non é?

Anonymous said...

Ten coidado rapás, estás luitando contra muitas cousas novas e cecais ainda non está de todo preparado.

en primeiro lugar os teus xens se atopan revoltos polo cambio climatolóxigo e xeográfico, a túa ialma estará buscando o inicio do cordón que lle ata a un corpo en desprazamento, os xenes en movemento radiativo e biolóxico, xunto a desastibilización da comida. o final ó ánimo tamen se atopa en movimento nesa cúspide da torre de pisa.

e lembra as recomendacións, muito coidado pola noite que é onde se refuxian instintos baixos e maleantes, e nada de liarse con americanas (o sumo aljunha europea emigrada) para o resto, internet.