Tuesday, May 1, 2007

Chiscadeiras

Aínda que hoxe tiven a miña primeira confusión co meu xefe (produto da miña iniciativa persoal, non do idioma). A entrada de hoxe vouna adicar a encher algún oco.

Levo uns días nesta cidade e polo dagora o clima está a ser bastante benévolo, co cal a xente comeza a ir cómoda e a empregar sandalias e todo ese tipo de calzado característico desta época. Déixovos unha fotiño ao respecto.

Como sei dalguén cunha dúbida sobre o aspecto dos pasos de peóns na cidade (curiosa dúbida pensaredes os non implicados), aclaro que hainos de varios tipos. Por sorte, ademais dos que non permiten certas artes obsesivo-danzantes, están estes:


Como creo que cada vez os meus posts son máis raros vou ir cortando un pouco.

Téñovos a algúns un pouco perdidos, pero asumo que a vida segue e se cadra aínda non tivéchedes tempo de mandar un correo-e. Emprazados quedades cando os fados vos deixen.

Sorte con todo por aí.

Bicos, nenos e nenas

(E non, a mancha vermella no paso non é sangue!)

5 comments:

Anonymous said...

Ola!! Supoño que inda non tiña asumido de todo que xa estás ahí, pero, dende logo, este blog é a proba irrefutable. Espero que todo che vaia moi ben e que os atrancos iniciais se solucionen pronto.

Por certo, eu son dos que queren máis "post raros" (por se a miña opinión conta para algo)... e fotos de sandwiches con imitación de queixo americano!!

Ah, que non se me esqueza, a tua familia acaba de herdar unha bonita mochila vermella.

:^)

Hariainn said...

Hahaha, non será sangue, non, igual é un sinal secreto para os sicarios de Lodin...
Alégrome de ter esta fiestra para non perderche o rastro.
Cóidate e que non te exploten eses ianquis!
Adrián.

Anonymous said...

jo, q envidia sana..a experiencia q esta viviendo e unica, quen ma dera min, se soupese falr ingles..jaja, asi q vive esa experienci por todos os q non podemos disfrutala por mor do idioma!! alagrome q todo che vaia ben. saudos

AnnaRaven said...

Esa mancha bermella ten outra historia totalmente distinta... pero é unha historia distinta que non será contada a continuación.

En fin, ... os ianquis xogan a esto do "working at home"? é moi útil.
Bicos

Anonymous said...

é curioso que o visitante, obrigado a residir nun espacio non coñecido ó primeiro no que se fixa é nos camiños e vías de comunicación, tanto nos convois aéreos ou subterranos coma nos pasos de peóns e torres circulantes por esas veas de asfalto ennegrecido que con picos trombóticos acompañan os nosos pasos por un novo continente, que se abre ante nós.

non é de esquencer a importancia de moverse con brúxula polarizada.