Friday, April 27, 2007

Galiza en chicago


Ok, cheguei.

Onte ceei polbo á feira, polbo á brasa, mexilóns, peixe guisado e outros platos típicos de Chicago regados con Estrella Galicia... Debe ser esa clase de cousas que un pode facer nesta cidade, por certo, salvo o polbo a feira, o resto estaba espectacular.

Roberto resultou ser un gran tipo con unhas preferencias bastante nobles: divertirse e vivir ben. Ademais tamén semella ser un científico competente e con posibilidades de chegar lonxe. Pero estou aquí para falar de min mesmo, suficiente sobre Roberto.

Polo dagora a miña vida consiste en non caer co sono, construír frases coherentes e resultar amábel. Os meus xefes son dous venerables señores italianos, foron bastante amábeis comigo e déixanme a próxima semana para situarme. Polo pronto a miña única obriga é un seminario o luns na mañá.

Xa está, primeiro post feito, xa podedes criticalo.

Have fun!

10 comments:

Anonymous said...

É o que ten seres novato que escribes uns posts que até mesmo parecen interesantes, xa se irá enferruxando co tempo...
Polo de pronto recoméndoche que pases polo do Mei.
Saude!

Anonymous said...

Ola Nacho!!! alegrome que xa estes en Chicago e que poideras disfrutar de tal gastronomia!! seguro que che saen perfectamente as frases e que non as tes que pensar tanto..esaxerado!!supoño que a foto que nos mostras sera de donde vives, ten boa pinta, aseguroche que se algun dia vamos por ahi non dubidaremos e avisarte!!jajaja.
Desexoche todo o mellor, que seguramente o teras,porque todos sabemos que vas loitar por iso. Coidate moito, bicos

Anonymous said...

Moi boas,viaxeiro!
Queda o recuncho inaugurado e ata haberá que ir lendo os posts para facernos á idea do que acontece aló alén do mar.
Desde a terra unha aperta desas grandes.

meryani said...

Me alegro mucho de que por esas tierras comas así de bien (como ya sabes una de mis principales preocupaciones de que te fueras era tu alimentación), así que bueno me dejas muy tranquila.Me da la impresión de que vas a estar genial ahí, como en casa. Bueno Nachete besitos y ánimos, que acostumbrarse a una nueva vida no es difícil y además resulta muy gratificante.Ciao.

Meripousita said...

Holaaa tio, qué tal por jiuston? é bonitiño?. Jajaj, mola o teu bló. Bueno, vouno poñer en misfavoritos. Espero a túa postal. Bicos, meu. María Pouso

Meripousita said...

Bueno, esta é a segunda mensaxe que che deixo, non me tiña conectado a gmail... así que agora xa non me sae esa 1ª mensaxe tan espontánea que che escribira e que non copiei nin peguei... cajiná... era algo así como "xa vexo que jiuston mola" jajaj. Bicos meu.

Meripousita said...

Jajaja, ao final sí que me colgou a 1ª mensaxe.son nova nesto dos blós.

Unknown said...

Nachete!!!!
tio, que es eso de comer pulpo, no me jodas y no hagas el paleto, ha donde fueres haz lo uqe vieres...a comer bigmac ya!!! (no por dios, es coña)
Así que con Roberto bien, mola; ya tienes guía pa ir de fiesta seguro. Vete colgando fotos (que también puedes mandar por mail)
cuidate mucho, un monton de besos)
p.d. sabes ya las fechas del parque de atracciones :)?

Martiño said...

Saudos,curmán. Desta aprendes inglés fixo, non vai haber outro remedio. Esta primeira mensaxe vai de parte dos meus pais que, aínda que che mandei a mensaxe de texto polo móbil, aínda non se fían e queren que che pregunte se xa tes a direción doutro Martiño, que vive por terras de Illinois. Se xa a tes, nada máis por agora, senon faimo saber e mándocha o correo electrónico.

Un saudo, e sorte no seminario de mañá.

Anonymous said...

é o bom da globalización, que as materias primas repítense en espacios territoriais indefinidos mitigando a morriña que produce a dependencia ó gas argón que desprende o granito. o que non se pode conseguir é trasladar a man de obra cualificada das pulpeiras de carballo. Ánimo nacho.