Á maior parte dos seres humanos o primeiro nome que aparece no título non lles debe dicir moito, a min tampouco até que reparei por accidente nesta reportaxe da BBC.
E seica para organizar xacobeos abonda con falar inglés como o fai John Wayne nas pelis de TVE, que xa a boa xente da BBC ocúpase de traducir ao inglés raro ese que falan os ingleses e que non soa coma se un fose de Valladolid.
Por outra banda, un pouco máis adiante, no mesmo vídeo vemos a María Eiras, da oficina de atención aos peregrinos, posto para o cal o de falar inghlés como John Wyane xa non é suficiente.
Non sei, pero coa pouca información da que dispoño agora mesmo, se tivese que encargarlle a un destes dous a proxección internacional do xacobeo, creo que María tería máis posiblidades que Ignacio. Pero supoño que Mr. Bean terá moita máis razóns para poñer a quen puxo, e pouco terán que ver cos traballos realizados con anterioridade por Ignacio para a Comunidade de Madrid e de Valencia.
No comments:
Post a Comment