Un dos seres que máis vai botar de menos aos seres humanos cando desaparezamos da Terra van ser as ratas (menos as de laboratorio).
É ben sabido que existe unha relación directamente proporcional entre a cantidade de seres humanos e a cantidade de ratas vivindo no mesmo territorio.
Tendo en conta que eses interesantes e intelixentes animais non son moi aprezados e considéranse foco de enfermidades, non debe sorprender que a cidade de Chicago (onde hai unha chea de seres humanos) o tema das ratas leve a avisos nas rúas de distintas clases.
Este que amoso resulta interesante porque engade a unha cuestión tal elegante como a coprofaxia un autocolante de James Bond gorila que lle dá un toque surreal:
Para pouco máis daría o tema dos cartaces se non fose pola interesante historia da Guerra Fría, a paranoia nuclear que trouxo con ela e os restos que a política de escalada armamentística deixou na paisaxe.
Ao principio non lle prestei atención porque o símbolo de radioactividade é bastante contián. Pero un día cheguei a pregutarme que facía nun edificio que só alberga oficinas e burócratas. De lonxe luce algo como así:
Pero se un se achega algo máis e atende aos detalles podes descubrir que en realidade non se trata dun cartel destinado a informar da presenza de radiación. En realidade do que informa é de que nese edificio hai un refuxio anti bombas... nucleares.
A cousa pode parecer un pouco esaxerada agora que o perigo xa non son os soviéticos, pero por se acaso eu tomo nota que correndo me leva como tres minutos chegar alí. E por se acaso vou probando proteccións para os ollos que seica o estoupido é moi brillante.
10 comments:
pregunta:onde tiraches a foto porque hai xente detrás?hahahaha
son 3D?
Resposta: H&M da Magnificent Mile :)
Ah, e non, son de plástico barato
Ok, as de Valldaura fican tranquilas?hehe
Ok, as de Valldaura fican tranquilas?hehe
Pode ser que siii, pode ser que noooon
pode ser que sexa, pode ser ou nooooon
pode ser da nasaaa ou doutra ghalaaaaaxia
pode ser cousa das ghafas que non miro beeeen!
:^)
obrigada
-tocou organizarse,hehe
¿son o unico que ven por aqui e non cambia nada? Portate e ponlle un pos novo. Unhas fotos da viaxe de volta a casa indaque senlla. Ou xa que as veces daslle as noticias de actualidade, que tal as intimidades da crise convulsa de Rajoy and Company, joer hai uns videos do nucleo duro en Madrí manifestandose (sponsored by Pedro J.) que stan mas que divertidos...pertas.
pentotal i.v.
dominadiño tema youtube,hehe (instruccións para lerdos mal seguidas)
nivelaso
Post a Comment