Skip to main content

O que pensamos moitos

Dito en imaxe para que se entenda.

1629459584_513e7cac78_b

Comments

elunicopiny said…
Realmente é temible. Pero o peor é que ainda os hai bastante peores (tamén mellores a deus gracias).
Esto si que o debería estudiar Friker Jimenez, porque verdadeiramente mete medo que calquera dos dous teña moitas probabilidades de ser o noso próximo secretario xeral na presidencia

Popular posts from this blog

Tempo

A hora do reloxo do meu computador segue fixada na hora española. Son as 5:10 am alí. O tempo resulta un xeito raro de medir a distancia. Para nós esa dimensión camiña sempre no mesmo sentido, acelerada ou ralentizada, mais sempre cara diante. Pero, de claquera xeito, iso significa que mentres eu escribo vós durmides. Aínda que quixera, non podería comunicarme convosco. Por iso me limito a lanzar posts. Como podedes imaxinar o luns poucos eventos interesantes trouxo, e non me vou parar a enumerar a multitude de detalles típicamente americanos cos que me crucei. Polo pronto teño uns cantos papers para ler, un lugar onde deixar as miñas cousas e unha morea de papeis burocráticos destinados a darme existencia neste país mediante a consecución do meu número da seguridade social (SSN). Doces soños. (foto de Gui, o gato )

Máis cartaces

Un dos seres que máis vai botar de menos aos seres humanos cando desaparezamos da Terra van ser as ratas (menos as de laboratorio). É ben sabido que existe unha relación directamente proporcional entre a cantidade de seres humanos e a cantidade de ratas vivindo no mesmo territorio. Tendo en conta que eses interesantes e intelixentes animais non son moi aprezados e considéranse foco de enfermidades, non debe sorprender que a cidade de Chicago (onde hai unha chea de seres humanos) o tema das ratas leve a avisos nas rúas de distintas clases. Este que amoso resulta interesante porque engade a unha cuestión tal elegante como a coprofaxia un autocolante de James Bond gorila que lle dá un toque surreal: Para pouco máis daría o tema dos cartaces se non fose pola interesante historia da Guerra Fría, a paranoia nuclear que trouxo con ela e os restos que a política de escalada armamentística deixou na paisaxe. Ao principio no...

A todo isto!

Un pode chegar a preguntarse, eu tendo a facelo bastante: que demonios estou facendo aqui? Ademais das implicacións pseudometafísicas da cuestión, en resposta a isto, unha das miñas actividades aquí é investigar. Polo pronto, o meu traballo consiste en probas condutuais en ratos mutantes e non muntantes (wild type). E iso foi o que fixen hoxe. Os ratos foron expostos a un son agudo previo a unha descarga eléctrica os ensaios suficientes como para amosar respostas de medo ante a presentación do son. Cando cheguei esta parte xa estaba feita, na seguinte fase os ratos son expostos ao son sen descarga durante cinco minutos. Ao sacar un rato para meter o seguinte sempre hai que limpar as cagadas que deixou como consecuencia do medo. De feito, aínda que medimos o tempo que pasan paralizados para avaliar o medo, penso que poderíamos facelo contando cagadas. Por outra banda non sei se os meus xefes estarán polo labor de presentar un artigo titulado "Shitting a lot: a new approach in behav...