Skip to main content

Non creo nos balóns de fútbol!


Nin nos xarróns de porcelana!

Iso é o que proclaman os fanáticos relixiosos que poblan este curiosos país cando proclaman: "non creo na evolución". A maior parte destas lamentábeis formas de vida poblan as filas do partido republicano, aínda que poden atoparse noutros partidos e din tamén que pola rúa. Afortunadamente eses seres son variedades propias do sur do país e en estados como Illinois resultan chocantes incluso para un nativo medio.

Cómpre aclarar unha cousa neste punto: a teoría de evolución non existe. Existe a evolución (o cambio) das sociedades, dos organismos, das especies ou das ideas, e ninguén debera poder saír a un púlpito para anunciar: "non creo na evolución"... Ben, se a persoa forma parte dos Monty Pyton si que pode.

Cando alguén fala da teoría da evolución soe querer referirse á teoría da selección natural. Esta foi formulada para propor un mecanismo de funcionamento para a evolución non para propor a existencia da evolución.

Todo isto ven a conto por unha interesante editorial publicada este mes en Nature como resposta polo muxido do Senador Republicano por Kansas, Sam Brownback. O fulano ven a dicir que todo aquilo da ciencia que sexa compatíbel con que o home está feito a imaxe e semellanza de deus é benvido, o que sexa incompatíbel debe ser considerado "teoloxía atea" (sic) disfrazada de ciencia.

Aconséllovos ler o editorial, porque nunha soa páxina o autor fai razoamentos moi interesantes. O meu favorito é cando propón que deus debe ter mente de primate.

Como extra, inclúo un interesante artigo sobre o noxo.

-Editorial: http://subelo.es/index.php?p=download&hash=bK466RPfRvbX

-Artigo: http://subelo.es/index.php?p=download&hash=hbYjFJS14qch

PS Non ten nada que ver pero é para morrer coa risa http://www.tv3.cat/pprogrames/polonia/polSeccio.jsp?seccio=player&idint=650&tipus=actual

Comments

El Técnico said…
"Una encuesta realizada por la empresa Gallup y publicada por el diario USA Today a principios de este mes de junio mostraba que el 66% de los estadounidenses dice creer en el Creacionismo y en la idea de que Dios creó a los humanos en su forma actual durante un periodo de tiempo dentro de los últimos 10.000 años."

visto en: http://www.librodenotas.com/guiaparaperplejos/11439/dios-y-los-dinosaurios-de-plastilina
Ignacio said…
O 60%!!! hai que foderse con estas criaturas
Unknown said…
Nachete!!!

no te me vuelvas creacionista, confío en tu sentido crítico...

Preciosa tu orquídea, si no tuviese un gato meón de tiestos yo también querría una!!!

Se te ve totalmente adaptado, has tardado porquito!

te mando mail,

bicos
Anonymous said…
Así que estar "totalmente adaptado" é equivalente a ser un porquiño. Xa sei que é unha tontería pero acabo de espertar da siesta, estas guardias son matadoras e hai que descansare bem. Como vai ser habitual a partires de agora, vemonos esta noite no messengher, non?

Unha perta, "puerquecito", espero que che portaras bem esta fin de semana; senon xa sabes, direzto ao City of Dis.

PD: O Creacionismo explicaría muitas cousas e dunha forma mais evidente e sinxela. Son pragmatico no assunto. Darlle a cabeça é malo. Ademais, penso que seriamos millores persoas, ou polo menos un pouco mais hipócritas, que caray.

Popular posts from this blog

Tempo

A hora do reloxo do meu computador segue fixada na hora española. Son as 5:10 am alí. O tempo resulta un xeito raro de medir a distancia. Para nós esa dimensión camiña sempre no mesmo sentido, acelerada ou ralentizada, mais sempre cara diante. Pero, de claquera xeito, iso significa que mentres eu escribo vós durmides. Aínda que quixera, non podería comunicarme convosco. Por iso me limito a lanzar posts. Como podedes imaxinar o luns poucos eventos interesantes trouxo, e non me vou parar a enumerar a multitude de detalles típicamente americanos cos que me crucei. Polo pronto teño uns cantos papers para ler, un lugar onde deixar as miñas cousas e unha morea de papeis burocráticos destinados a darme existencia neste país mediante a consecución do meu número da seguridade social (SSN). Doces soños. (foto de Gui, o gato )

Máis cartaces

Un dos seres que máis vai botar de menos aos seres humanos cando desaparezamos da Terra van ser as ratas (menos as de laboratorio). É ben sabido que existe unha relación directamente proporcional entre a cantidade de seres humanos e a cantidade de ratas vivindo no mesmo territorio. Tendo en conta que eses interesantes e intelixentes animais non son moi aprezados e considéranse foco de enfermidades, non debe sorprender que a cidade de Chicago (onde hai unha chea de seres humanos) o tema das ratas leve a avisos nas rúas de distintas clases. Este que amoso resulta interesante porque engade a unha cuestión tal elegante como a coprofaxia un autocolante de James Bond gorila que lle dá un toque surreal: Para pouco máis daría o tema dos cartaces se non fose pola interesante historia da Guerra Fría, a paranoia nuclear que trouxo con ela e os restos que a política de escalada armamentística deixou na paisaxe. Ao principio no...

A todo isto!

Un pode chegar a preguntarse, eu tendo a facelo bastante: que demonios estou facendo aqui? Ademais das implicacións pseudometafísicas da cuestión, en resposta a isto, unha das miñas actividades aquí é investigar. Polo pronto, o meu traballo consiste en probas condutuais en ratos mutantes e non muntantes (wild type). E iso foi o que fixen hoxe. Os ratos foron expostos a un son agudo previo a unha descarga eléctrica os ensaios suficientes como para amosar respostas de medo ante a presentación do son. Cando cheguei esta parte xa estaba feita, na seguinte fase os ratos son expostos ao son sen descarga durante cinco minutos. Ao sacar un rato para meter o seguinte sempre hai que limpar as cagadas que deixou como consecuencia do medo. De feito, aínda que medimos o tempo que pasan paralizados para avaliar o medo, penso que poderíamos facelo contando cagadas. Por outra banda non sei se os meus xefes estarán polo labor de presentar un artigo titulado "Shitting a lot: a new approach in behav...