Skip to main content

En cinco minutos...

que é o tempo restante antes de saír da casa para traballar no instituto pola tarde, escribirei esta entrada.

Só pretendo ilustrarvos sobre o outro tipo de pasos de peóns presentes na cidade para dar por rematado ese complexo asunto. Son estes:

Este tipo de pasos obrigarían ao teórico obsesivo a ter que escoller entre unha das dúas liñas para evitar pisar o asfalto. E o obrigarían a camiñar ao xeito dun funambulista.

De paso podedes ver a Bashkim, o médico kosovar, facéndome de modelo e a porta de entrada ao intituto de psiquiatría ao fondo.

Espero ter algo máis tempo á noite para vós.

Apertas e bicos para todos, repartídeos como vexades.

Comments

Anonymous said…
Moi bonito o paso de peóns, eu xa dicía que tiñan que ser diferentes.
Saúdos de dúas das compañeiras exploradoras da Verdugo´s land.
Hola Nachete como va? Antes t mandé tu propio blog, pero Antía ya me ha explicado como va esto, y nada hoy nos tomamos una caña a tu salud,con olivas e manises...xa se sabe que en Compos o das tapiñas é un ritual.
Agradecemos as fotos pero en canto arranxe a miña estupenda cámara agardo sacar algunha por min mesma.
Cuando descubras más cosas curiosas se las cuentas a los paletillos de Compos, besos y bicos.
Anonymous said…
Pois esos pasos de cebra parecen un pouco perigosos. Se xa é bastante difícil ver algúns pasos de peóns cos habituais rectángulos brancos, non quero nin imaxinar a de problemas que habera con esas dúas raias... Aínda que a todo se acostuma un.

Pero non penses que se nos escapa que empregas ó teu compañeiro kosovar para tirala foto. Esa investigación participante...

Un saudo.
Anonymous said…
Gosto máis deste que do outro...perigosidade si pero a fin de contas marca o camiño e deixa liberdade de actuación para ir dosificando pasos, choutos ou reviravoltas.Isto combinado co ghichiño dos semáforos da Compostela e o temporizador eterno...en fin... ter moito tempo para cruzar tampouco é bo e nunca tanto se falou deste mobiliario urbano =) Saúde,meu!
Anonymous said…
Se se pode elixir, o de repartir cinco minutos entre apertas e bicos, frotamentos varios e aliñamentos estelares, crocamentos de tentáculos e compartimentos estancos, cadeas metalizadas e pensamentos atolados en eslabóns protésicos, elixo o reparto sen parto, o eslabón sen cadea e a conciencia de botar de menos a esa parte dun mesmo que marchou emigrado, que está esperto cando a conciencia dun dorme e que está durmindo cando a conciencia dun activa o seu campo de ilusións.

Popular posts from this blog

Tempo

A hora do reloxo do meu computador segue fixada na hora española. Son as 5:10 am alí. O tempo resulta un xeito raro de medir a distancia. Para nós esa dimensión camiña sempre no mesmo sentido, acelerada ou ralentizada, mais sempre cara diante. Pero, de claquera xeito, iso significa que mentres eu escribo vós durmides. Aínda que quixera, non podería comunicarme convosco. Por iso me limito a lanzar posts. Como podedes imaxinar o luns poucos eventos interesantes trouxo, e non me vou parar a enumerar a multitude de detalles típicamente americanos cos que me crucei. Polo pronto teño uns cantos papers para ler, un lugar onde deixar as miñas cousas e unha morea de papeis burocráticos destinados a darme existencia neste país mediante a consecución do meu número da seguridade social (SSN). Doces soños. (foto de Gui, o gato )

Máis cartaces

Un dos seres que máis vai botar de menos aos seres humanos cando desaparezamos da Terra van ser as ratas (menos as de laboratorio). É ben sabido que existe unha relación directamente proporcional entre a cantidade de seres humanos e a cantidade de ratas vivindo no mesmo territorio. Tendo en conta que eses interesantes e intelixentes animais non son moi aprezados e considéranse foco de enfermidades, non debe sorprender que a cidade de Chicago (onde hai unha chea de seres humanos) o tema das ratas leve a avisos nas rúas de distintas clases. Este que amoso resulta interesante porque engade a unha cuestión tal elegante como a coprofaxia un autocolante de James Bond gorila que lle dá un toque surreal: Para pouco máis daría o tema dos cartaces se non fose pola interesante historia da Guerra Fría, a paranoia nuclear que trouxo con ela e os restos que a política de escalada armamentística deixou na paisaxe. Ao principio no...

A todo isto!

Un pode chegar a preguntarse, eu tendo a facelo bastante: que demonios estou facendo aqui? Ademais das implicacións pseudometafísicas da cuestión, en resposta a isto, unha das miñas actividades aquí é investigar. Polo pronto, o meu traballo consiste en probas condutuais en ratos mutantes e non muntantes (wild type). E iso foi o que fixen hoxe. Os ratos foron expostos a un son agudo previo a unha descarga eléctrica os ensaios suficientes como para amosar respostas de medo ante a presentación do son. Cando cheguei esta parte xa estaba feita, na seguinte fase os ratos son expostos ao son sen descarga durante cinco minutos. Ao sacar un rato para meter o seguinte sempre hai que limpar as cagadas que deixou como consecuencia do medo. De feito, aínda que medimos o tempo que pasan paralizados para avaliar o medo, penso que poderíamos facelo contando cagadas. Por outra banda non sei se os meus xefes estarán polo labor de presentar un artigo titulado "Shitting a lot: a new approach in behav...