Case tanto tempo como o que levo agardando polo próximo gran salto en propulsión motorizada, levo agardando para tirarlle unha foto ao coche que vos presentarei de seguido. Pero antes algunhas reflexións. Vaia por diante que non apoio a labor policial e sei que dentro de cada policía hai un ser inmaduro que non foi máis aló das series de TV americanas e dunha visión maniquea da realidade... Iso claro, cando non falamos dos antidisturbios os cales son famosos, non por levar un skinhead dentro, senón por selo. Aclarado que ser policía vale para que o teu fillo sexa o máis molón da clase até os 14 anos, entro en materia. Resulta que nos poñamos como nos poñamos hai policías por todos lados, e postos a facer algo mellor facelo ben. Unha das cousas máis importantes de ser policía é o carro, obvio, ten que ter luces, ser grande e facer que os malos se caguen nos pantalóns con só velo chegar. Deste xeito, isto é un non: A verdade é que ver a un madero chegar nun destes pode dar a risa, pero p...