
Case unha semana dun post ao seguinte, non está mal, será consecuencia indirecta do regreso dos meus xefes este luns. Teño algúns posts en mente pero polo dagora fáltanme as fotos. Por iso o de hoxe vaise quedar nunha anécdota con reflexión final.
Tras comer o mellor peixe desde que cheguei a Chicago en casa de Fabio (dono do barco, compañeiro de traballo e afortunado posuidor da casa máis fermosa que vin na cidade), saimos a dar unha volta o mesmo Fabio, Roberto e mais eu. Rematamos nun local interesante onde todo era pretendidamente "orgánico", desde as cervexas até a decoración. Ao pouco de chegar e diante do pouco animado que estaba o sitio Roberto decidiu que había que mudarse a outro local onde estaban uns amigos, eran as 11:55pm e se chegabamos antes das 12 o entrada serían 10$ despois 20$. Así que houbo que correr.
Cando chegamos había unha cola de xente pija (non ten outro nome, ok si: posh) vestidos de pijos, esperando a que unha tipa da mesma especie vexetal lles dese entrada previa revisión por dous humanoides gorila-wannabe con pinganillo como elemento distintivo da pertenencia e esa dexenerada especie pseudohomínida. Xa por principio non me gusta pagar para entrar en ningures, e menos nun sitio así. De favor cobrábannos os 10$ porque case eran as 12 pero claro, seica non lles gustaron os meus pantalóns.
Creo que o tipo se quedou un pouco volado cando en vez de discutir, arrastrarme, suplicar ou pagarlle 100$ por deixarme entrar cos meus pantalóns verdes con petos por todos lados de 9$ (oferta en GAP e os únicos decentes nesa tenda e no resto que visitei), puxen un sorriso de orella a orella porque me acaba de facer un favor. De calquera xeito Fabio tampouco quería entrar porque non era o seu estilo, ademais levaba uns pantalóns semellantes aos meus, e o único realmente danificado co meu estilo foi o bo de Roberto que realmente quería entrar.
Como compensación suxerín ir ao Ñ, un local arxentino con porteiros simpáticos (non se preocupan de como vistes, só de que teñas máis de 21 e o ID enriba). Durante o camiño e vendo a lixeira frustración de Roberto deume tempo a pensar. Ao principio estaba convencido de que a miña postura era a correcta, eu vístome como me dá a gana e mentres vaia limpo e se alguén non lle gusta que se foda.
Pero ao fin un non sae só, e realmente todo o que se me require é levar uns pantalóns normais, camisa e zapatos. É dicir, os principios son algo moito máis complexo que como se viste un. E por outra banda, se saes con máis xente e queren ir a un local con dress code, estás a obrigarlles a cambiar de opinión só porque decidiches vestir contra as normas.
Reflexionarei ao respecto, por sorte esta fin de semana toca ir a festivais e ao aniversario de Fabio en Humbolt Park, co cal non me preocuparei pola roupa.
Pásade boa fin de semana!
PS É que para min acaba de comezar :)
Saturday, July 14, 2007
Con calma
Posted by
Ignacio
at
11:27 AM
6
comments
Sunday, July 8, 2007
De cando en cando non fai falla escribir
+011.jpg)
+013.jpg)
+014.jpg)
+017.jpg)
+021.jpg)
+022.jpg)
E un dato de interese, como pasa con algunhas pickup, algúns barcos neste país teñen unha barbacoa na popa!
Posted by
Ignacio
at
1:38 AM
9
comments
Labels: Chicago
Wednesday, July 4, 2007
Tuesday, July 3, 2007
Peras e mazás

Onte foi o picnic do departamento de Psiquiatría. Déronme de comer e regaláronme un reloxo, así que a UIC gáñalle á USC por un reloxo. Recoñezo, iso si, que a universidade compostelá deume bastante millor de comer cós yankis.
O ambiente era interesante: uns hispanos cociñando salchichas, polo e hamburguesas vexetais, algún dos peixes gordos do departamento preparando bebidas (sen alcol) e xelados, música ruidosa, mesas, xente e un buick do 67 vermello descapotábel que non pintaba nada máis que facer bonito no medio do céspede.
Cando xa estaba todo bastante en marcha Fernando, un profesor de castelán que convidamos a vir ao picnic, destacou algo. Nas mesas había orientais sentados con orientais, negros sentados con negros e europeo-USamericanos sentados con europeo-USamericanos. E así foi durante toda a xornada.
Vou aforrar a reflexión sobre o motivo de como a segregación chega a todos os lugares e clases neste país. Porque os problemas deixan de selo cando teñen solución.
A miña proposta é: a próxima vez poñer alcol nas bebidas.
Posted by
Ignacio
at
9:12 AM
5
comments
Labels: EUA, segregación
Thursday, June 28, 2007
Cando me disfrazo de pitufo
Para compensar a ausencia de medios visuais do post anterior, hoxe saín da casa coa cámara no peto.
Non hai moita xente na rúa cando me dirixo ao traballo, debe ser porque normalmente a xente emprega o carro para desprazarse e porque entro hora e media máis tarde có resto dos mortais.
Como se pode observar, o día estaba algo fresco. O edificio da foto é o Instituto de Psiquiatría... Ben, é a Escola de Saúde Pública e o Instituto de Psiquiatría, corrixo. Antes era un psiquiátrico, creo... Se cadra agora é un psiquiátrico, non sei.
Hai xeitos e xeitos de ir vestido ao traballo. Eu son un deses aos que se lles supón traballar co que ten dentro da cabeza e os meus xefes asumen que o meu aspecto persoal non garda relación co meu rendemento intelectual. Vaia, podo ir ao traballo vestido como se saia dos c****ns (que pasa? os meus pais tamén len o bló).
Con todo hai unha área do laboratorio á que cómpre ir ben presentábel porque alí viven os que fan que todo isto da investigación básica en psiquiatría funcione: os animais. Ben, no meu caso concreto: os ratos.
Dalgún xeito misterioso algunha cabeza pensante decidiu que aos ratos lles gusta a cor azul e para telos contentos, antes de presentarse diante dun rato hai que vestirse todo de azul. Todo o traxe supón tamén un gorro moi gracioso, pero eu por agora paso dese remate final.
Así, cando un rato me ve no traballo non ve ao tipo que estades acostumados, nooon. O coitado ve isto:
Pero pese ao susto seguen a ser bastante eles mesmos (o cal di moito destes seres). Aquí temos un exemplo de rato facendo algo moi habitual neles: explorar!
Posted by
Ignacio
at
6:25 PM
4
comments
Wednesday, June 27, 2007
As veces algo desastre si son -v1.0 (beta)-

Vale, esquecín a cámara... outra vez.
Como ás catro da tarde estaba eu a pensar no concerto de Carlinhos Brown cando comezou a caer unha desas treboadas impresionantes típicas da cidade. Tendo en conta o sol que lucides en Compostela e arredores, pensei niso de que nalgures estará a chover se aquí vai sol.
Total, que quedei traballando (si, de verdade que estaba traballando) até que recibín unha chamada de Roberto preguntando se xa estaba na casa. Ao parecer, con isto de que os xefes marcharon de vacacións, era o único que pringao que seguía no laboratorio. Marchei, chovía, molleime, dinme conta de que esquecera o computador, molleime, volvín ao laboratorio, volvinme mollar e cheguei a casa.
Ao final fun coa bici, molleime, a casa de Roberto e decidimos aplicar esa máxima de que os homes non están feitos de azucre e polo tanto non desaparecen coa choiva. Vaia, molleime indo ao concerto.
Alí deixou de chover e eu de mollarme, descubrín que non se pode bailar nos corredores centrais das butacas porque os señores grandes de seguridade din que é perigoso... Semella que debes de un concerto do Carliños sentado!
Non sei como acabamos facendo unha especie de conga polo medio das butacas, fumos diante do escenario e o Carlinhos baixou e púxose diante (intre no cal a conga pasou de estar composta por 10 persoas a un número que tende a infinito), a partir de aí os tipos da seguridade do parque comezaron a mirarnos peor cá antes, cando bailabamos nos corredores, e impedirnos o paso. Pero como son aglosaxóns pensan que por dicir que non se pode pasar unha vez non imos ver como facelo por outras vías.
Foi divertido, sen fotos, pero divertido. Con sorte a web 2.0 proveerá.
Rematei falando de Chomsky e Watzlawick (DEP) mentres comía polbo grellado.
PS Tmn descubrín que me gusta montar en bici por Chicago á noite
Posted by
Ignacio
at
11:07 PM
3
comments
Labels: Calinhos Brown, Chicago, ineptitude
Friday, June 22, 2007
Non creo nos balóns de fútbol!

Nin nos xarróns de porcelana!
Iso é o que proclaman os fanáticos relixiosos que poblan este curiosos país cando proclaman: "non creo na evolución". A maior parte destas lamentábeis formas de vida poblan as filas do partido republicano, aínda que poden atoparse noutros partidos e din tamén que pola rúa. Afortunadamente eses seres son variedades propias do sur do país e en estados como Illinois resultan chocantes incluso para un nativo medio.
Cómpre aclarar unha cousa neste punto: a teoría de evolución non existe. Existe a evolución (o cambio) das sociedades, dos organismos, das especies ou das ideas, e ninguén debera poder saír a un púlpito para anunciar: "non creo na evolución"... Ben, se a persoa forma parte dos Monty Pyton si que pode.
Cando alguén fala da teoría da evolución soe querer referirse á teoría da selección natural. Esta foi formulada para propor un mecanismo de funcionamento para a evolución non para propor a existencia da evolución.
Todo isto ven a conto por unha interesante editorial publicada este mes en Nature como resposta polo muxido do Senador Republicano por Kansas, Sam Brownback. O fulano ven a dicir que todo aquilo da ciencia que sexa compatíbel con que o home está feito a imaxe e semellanza de deus é benvido, o que sexa incompatíbel debe ser considerado "teoloxía atea" (sic) disfrazada de ciencia.
Aconséllovos ler o editorial, porque nunha soa páxina o autor fai razoamentos moi interesantes. O meu favorito é cando propón que deus debe ter mente de primate.
Como extra, inclúo un interesante artigo sobre o noxo.
-Editorial: http://subelo.es/index.php?p=download&hash=bK466RPfRvbX
-Artigo: http://subelo.es/index.php?p=download&hash=hbYjFJS14qch
PS Non ten nada que ver pero é para morrer coa risa http://www.tv3.cat/pprogrames/polonia/polSeccio.jsp?seccio=player&idint=650&tipus=actual
Posted by
Ignacio
at
12:01 PM
4
comments
Labels: ciencia
