Ok, agora que alguén fixo a broma estou algo máis tranquilo (graciñas Diego).
Turno demócrata, aquí hai básicamente dous e un burro.
Agora o resto.
Se seguides algo o tema seica a cousa para ser presidente do mundo esta entre McCain (sorpresa?) e Clinton ou Obama. A cousa é complicada pero a pesar de que a senadora por NY daba a cousa por gañada, agora semella que o senador do estado de Illinois conta con máis representantes entre os demócratas. Total que nada se sabe e deste xeito aínda estou a tempo de contarvos algo sobre estes dous.
Hillary Diane Rodham Clinton é a muller casada co ex-amante de Mónica Lewinsky.
Por se esa esa referencia resulta algo escura, ten estas pintas:
Con todo, a min quédame máis claro quen é con esta outra foto:
Si, a que non é Natalie Portman.
Foi á escola de leis en Yale e andivo dando voltas polo mundo político e acabou por casar cun tal Clinton que foi presidente despois de Bush (pai) e antes de Bush (fillo). Non hai que ser un xenio para saber que se gaña a orde vai ser Bush-Clinton-Bush-Clinton e a moitos americanos isto lles cae un pouco mal porque soa a dinastía.
Cun pouco de sorte son capaz de centrarme.
Sobre a guerra no Iraque pois prentende recortar o número de tropas pero mantelas polos intereses estratéxicos nacionais da rexión. Noutras palabras, que menos mortos (americanos, claro) pero de aí non se moven porque o petróleo fai boa falla. Vaia que por ela van a seguir levando "democracia" ao país pérsico.
Sobre o asunto cubano, esta muller é favorábel a manter o embargo, do aborto semella non estar a favor pero está en contra de penalizalo, apoia a investigación con células nai embrionarias... O máis importante é que semella estar interesada en establecer un seguro médico obrigatorio universal, pero como o vai pagar e cando o faría non está nada claro. Ademais recibiu moito diñeiro das corporacións sanitarias que están en contra dese idea, así que pode ser unha promesa de campaña que se desdebuxe durante o mandato presidencial.
E, seica aínda con tantas posibilidades como Clinton, temos a Barack Hussein Obama, que ademais de chamarse de segundo Hussein é negro. Polo demais coma Clinton, é avogado pero desta vez por Harvard e tamén é senador pero por Illinois.
O seu maior argumento político é a creación dun seguro médico universal. Como con Hilarry, ninguén ten moi claro como nin con que cartos pero, hey! estamos (estabamos) no país máis rico da terra. Con todo, semella máis convencido cá súa colega de NY.
A guerra no Iraque como tema aparece ambivalente neste político. Por unha banda exprésase en contra, aclararando que non é pacifista, pero pola outra non foi consistente no seu apoio aos recortes de fondos para a guerra como xeito de rematar a implicación dos USA no conflito. Ou o que é o mesmo, non o ten claro e iso supón estar exposto aos altos oficiais militares e aos intereses das corporacións.
E o aborto coma Hillary, as celulas nai embrionarias tamén e de Cuba nin se sabe pero supoñamos que o mesmo.
Para rematar con isto, lin nunha xornal a unha columnista criticando a unha actriz de TV porque dicía que como muller sentía que debía votar a Hillary e como afroamericana (eu son galaicoceltaeuropeu para eses) a Obama. O punto da columnista era que iso estaba feo porque non se debe votar atendendo á cor ou ao sexo.
E digo eu, é que se diferencian nalgo máis os candidatos?
3 comments:
eu votaria por natalie, se se presentara claro. Polo resto, creo q están como en tódolos paises do mundo mundial; perdidos.
de nada, e que vin que ninguen se animaba e fixena eu
Por certo...saúdos, Diego!
A min quedoume claro cando o guapetón George Clooney dixo que se sentía como Hilary Clinton nas suas aspiracións ao Oscar ao millor actor. Dixo algo así como este tería sido un mui bo ano para min, se non fose por Obama. E non sei quen é o seu Obama particular, o mundiño dos actores fícame afastado de mais, pero entendín o sentido semántico que lle atribuíu á palabra Obama.
Mui engraçado o que vive con currichos
Post a Comment