Tuesday, September 2, 2008

All together now!




A verdade é que me custou decidirme, fixen un montón de comparativas con distintas compañías e distintos modelos. Algunhas opcións quedaron fóra e ao final o tema quedou entre BlackBerry e o Iphone. Pero dándolle voltas ao matraquillo o Iphone seguía gañando, non era perfecto pero si era o teléfono que eu quería.

Vale que pola rúa só vexo douchebags con eles e que vou parecer un fanboy de apple, pero en definitiva, tras un mes de investigación, estaba decidido.

Até que me atopei co fillo parvo de Steve Jobs, que probábelmente traballa no departamento de foder aos usuarios.

Aproveitando o labor day (festa onde se celebra o que sufren as nais no parto -joke-) achegueime á tenda Apple en Skokie ao prever que a de Michigan Ave estaría até arriba de xente. Sabía que este era un risco grande porque o CI medio do empregado da flagship no Downtown está unha desviación típica por debaixo da media poboacional, pero é que o da xente de Skokie está dúas...

Con todo, lembrei o seu efecto talismán cando a primavera pasada fíxenme con tres Iphones 16gb e un Macbook pro no último momento.

Aí cheguei eu co meu sorriso, díxenlle ao tipo hortera de camiseta laranxa que me puxera na cola para os Iphones. A continuación un dos especialistas achegouse a min coa caixa do meu futuro teléfono... E neste punto a miña experiencia foi cercana a lidiar coa Garda Civil en Airbag (los papeles del coche).



O empregado que me atendeu era unha mezcla entre un skinhead e un geek sen luces. O primero que fai é pedirme un State ID (aclaro que nos USA non son obrigatorios e eu non teño un), pero esa xa a sei porque sempre me pasa e soluciónase sacando o carné de conducir español porque ten unha foto e un nome... Pero non esta vez, o tipo quédaseme mirando e me pregunta se son cidadán americano. Agora eu si que me quedo de pedra, respondo non e con cara de nin ganas coa merda de país que é este. Marcha a falar co encargado.

Regresa e afirma que non me pode vender o Iphone porque non teño número da seguridade social. Aclaro, si teño número da seguridade social porque se non a ver como me pagan o meu soldo, o skinhead geek mírame con cara de perdido, podo escoitar as súas dúas neuronas tratando de facer sinapse. Marcha falar co encargado.

Regresa e pregunta se teño a tarxeta, cousa que nin eu nin ningún americano no seu san xuizo ten porque todo o mundo sabe que ese número é segredo e se cho rouban poden suplantar a túa persoa. Con todo aclaro que sei o número de memoria. Pregunta se teño o pasaporte, comezo a sospeitar que os membros da gestapo que escaparon da alemaña nazi foron contratados por apple. Afirma que non me pode vender o iphone por motivos de seguridade. Pregunto que clase de motivos son eses, que se teño cara de terrorista (neste punto a resposta é si pero non o di). Pretende dicir algo de xente desbloqueando Iphones remata dicindo que nada de nada.

Pido falar co encargado, tras uns minutos aparece un tipo de mediana idade co pelo canoso. Explícame que para mercar un iphone fai falla:

To purchase and activate iPhone 3G, you need the following:*
  • Credit card
  • Social security number
  • Valid government-issued photo ID
  • Current wireless account number and password or PIN (if you’re new to AT&T)
Resposto que me sorprende que fosen capaces de vender tantos cunha política tan estúpida e marcho, obviamente. Alguén me suxire que todo é culpa de ATT que é algo así como Telefónica nos USA.

Pois ben, acabo de ir á páxina de ATT e mercar isto:



Todo sen presentarlle pasaportes, ID´s ou tarxetas a ninguén, todo coa mesma operadora do Iphone.

Cómpre salientar que a pantalla non será tan grande, pero polo menos teño un teclado de verdade e un GPS que dá direccións paso a paso. Ademais, claro, de acceso ilimitado a internet e a posibilidade de empregar a Balckberry como módem para o meu computador. Todo por menos da metade de prezo do Iphone.

Así que, unha vez máis: fódete Iphone!!!


Tuesday, August 26, 2008

Eu sei onde está Txeroki!

Os servizos de intelixencia da policía, GC e exército poden deixar de buscar por Europa adiante. Aplicando sofisticados sistemas de razoamento cheguei á conclusión de que o considerado como un dos líderes de ETA anda neste lado do atlántico.

Como sabedes nos EUA hai dous tipos de persoas os que viven en cidades e os rednecks. O termo redneck ten unha historia incerta, pero no día de hoxe engloba a todos aqueles americanos cunha gloriosa falta de sofisticación (Jeff Foxworthy). Pero ser un redneck implica moito máis que un estereotipo baseado en vivir nunha caravana, casar con familiares cercanos, conducir unha pickup ou levar armas até para mexar.

Ser un redneck implica ter unha visión alternativa da realidade. Unha das manifestacións máis salientábeis desta particular visión é a súa capacidade para obter algo útil do que para o resto do mundo sería lixo. En concreto, semellan ter algún tipo de fixación cos elementos propios do WC.





Pero ser un auténtico representate desta especie supón moito máis esforzo có de reciclar mexadeiros, así, un pode consideralos os garantes da identidade nacional USamericana composta, entre outras cousas, por bandeira, pistola e carne para comer. Como exemplo disto, temos a versión redneck do polbo de toda a vida:



Con todo, o tema ía de Txeroki e do seu actual lugar de residencia. Chegar a conclusión á que cheguei levoume moito tempo e longas reflexións. Vou compartir estas convosco.

Como xa dixen hai algúns rasgos característicos dos redneck que os fan inconfundíbeis, un deles é o peiteado tipo mullet perfectamente explicado neste gráfico.



Non custa moito pensar que, de feito, un dos rasgos característicos dos borrokos e semellantes é precisamente o peiteado. Deste xeito, o tal Txeroki ghasta estas pintas:



E, amigos meus, o seu curmán estas:



O parecido é obvio , se até a cara de noxo é a mesma!

Desde aquí quero instar ás forzas de seguridade para que concentren a súa atención nos estados onde os rednecks son máis prominentes. Por se a GC e a polisía non sabe onde buscar, deixo un mapa do tesouro:





Wednesday, August 6, 2008

Un oco para Paris Hilton

A estrela favorita de todo o mundo (aka a nena máis p**a (pija) de América) respostou ao candidato republicano J. McCain que a comparou co candidato demócrata B. (Hussein) Obama.

Se non sabedes de que falo, póñovos en antecedentes. McCain é un tipo vello e se lle nota, hai 8 anos tería sido un bo candidato á presidencia, pero ese foi o ano de G. Bush Jr. Agora véselle cansado e ademais ten diante a todo un fenómeno mediático que ademais sabe falar. Así que, seguindo as regras da política, se o teu perfil é baixo e o do teu adversario alto, golpea onde doe. O resultado é que a campaña de McCain baséase máis en desgastar ao demócrata que en dicir algo.

Dentro desa dinámica, McCain comparou a Obama con unha celebridade sen contido, como Paris Hilton ou a Spears.




Ben, o tema é que a rapaza foi capaz de respostar, e fíxoo ben!




As campañas en USA son longas, e por iso xente como Paris Hilton chegan a ser relevantes. Desde o meu punto de vista, a estratexia de McCain non está a funcionar tan ben como debera. A este paso, imos ver unha campaña moi pouco igualada. Porque, vendo por onde vai o republicano, témome que non vai aguantar os debates cara a cara.

Wednesday, July 30, 2008

Saturday, July 19, 2008

Máis deseños

Case tanto tempo como o que levo agardando polo próximo gran salto en propulsión motorizada, levo agardando para tirarlle unha foto ao coche que vos presentarei de seguido.

Pero antes algunhas reflexións. Vaia por diante que non apoio a labor policial e sei que dentro de cada policía hai un ser inmaduro que non foi máis aló das series de TV americanas e dunha visión maniquea da realidade... Iso claro, cando non falamos dos antidisturbios os cales son famosos, non por levar un skinhead dentro, senón por selo. Aclarado que ser policía vale para que o teu fillo sexa o máis molón da clase até os 14 anos, entro en materia.

Resulta que nos poñamos como nos poñamos hai policías por todos lados, e postos a facer algo mellor facelo ben.

Unha das cousas máis importantes de ser policía é o carro, obvio, ten que ter luces, ser grande e facer que os malos se caguen nos pantalóns con só velo chegar.

Deste xeito, isto é un non:



A verdade é que ver a un madero chegar nun destes pode dar a risa, pero pouco máis.

No caso das policías autonómicas a cousa non mellora moita, especialmente no caso da (proto) policía galega. O último que souben deles é que lles deron uns Citroën C5, pero dos vellos, que son feos con ganas. Ademais a decoración dos coches da policía galega ten... certos problemas.

Así que desde o meu punto de vista a policía, en Galiza, ten dúas deficiencias: carro inaxeitado ao traballo de impresionar aos nenos/asustar aos punks e decoración indecente.

Quen ía dicir que precisamente en Chicago ía atopar a solución.

Para o primeiro problema, o do carro decente, propoño o Dodge Charger Police Edition. Inclúe suspensión reforzada, chan interior de goma (facilita a limpeza), un V8 de 5.7 litros ao que os yankis arranxáronse para tirarlle 340cv, luz frontal operábel desde o interior (indispenábel neste país)... Ten algún pequenos problemas, como a incapacidade de xirar nas curvas, o cambio automático (na caña do volante) e o consumo. Pero ten o importante: a presenza (foto de Jalopnik).



Polo tanto, solucionamos o primeiro problema, atopar un coche á medida das nosas necesidades. Agora queda atopar a decoración, de novo a cidade ofreceume o que necesitaba.

Teño que dicir que levo tentando facer estas fotografías meses, pero sempre había algo que me impedía tirala: era de noite, non tiña batería, o coche estabase a mover... O que fose, pero sempre se salvaba de ser retratado.

Por fin, atopeino só, aparcado, ben iluminado e sen policía dentro ou nos arredores, xa que estando como está o percal igual acababa deportado.

Como podedes observar, é perfecto, só hai que cambiar algún pequeno detalle e está listo para asustar aos botelloneiros e aos paisanos que levan o cocho no asento do acompañante, que se non lembro mal son as competencias da policía autonómica.



E a visión do frontal, a parte máis interesante deste modelo:



Ah, e seguindo co tema do deseño, no campo dos carros levamos máis dun século sen un salto adiante de verdade. Así que, dado que estamos no século XXI, só me queda dicir:


Friday, July 4, 2008

This is America!!!


(Visto en reddit)

See more funny videos at CollegeHumor


Happy 4th of July!

Wednesday, July 2, 2008

Acabo de salvarlle a honra a Zapatero!!!!

E á súa defunta nai!!!

A wikipedia, esa fonte inesgotábel de coñecemento, pode ser vandalizada sen moita dificultade.

Pero, e aí temos a súa virtude, é tan sinxelo vandalizala como desvandalizada. Armado de teclado e tecla de ¨delete¨, acabo de desfacer o problema.

Mais, un é feble e iso de dicir teta, culo, pis, pedo ou puta sempre dá para algúns risos, co cal vouvos deixar unha captura do estado previo.
Vou mirar na de Rajoy non vaian falar de armarios...