como o Joey non dá sinais de vida e eu teño que estudar, o derradeiro desta noite:
Monday, December 3, 2007
And...
Posted by
Ignacio
at
5:36 PM
2
comments
Autumn
Vou eu con toda a miña boa intención a saír da casa e ocórreseme ver como andan as cousas lonxe das miñas paredes con calefacción.
Eeeen fin.
Posted by
Ignacio
at
4:04 PM
1 comments
A buscar diferenzas
Resulta que se me deu por ir ao cinema a ver unha peli dos irmáns Coen (No country for old men) e a min persoalmente deixoume impresionado un anuncio da National Guard que puxeron antes.
Sóese dicir que as comparacións son odiosas, moi certo se un compara persoas como amigos por exemplo, pero non tanto se un compara institucións.
Vaiamos por partes, a Guardia Nacional USamericana é máis antiga co país en si mesmo porque a actual 101st Engineer Battalion e 182nd Infantry Regiment of the Massachusetts Army National Guard descenden directamente da Massachusetts Bay Colony regiments formadas hai xa 370 anos. Ademais, moitos dos seus presidentes serviron nesta forza como: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, Andrew Jackson, William Harrison, John Tyler, James Polk, Franklin Pierce, James Buchanan, Abraham Lincoln, Ulysses Grant, Rutherford B. Hayes, James Garfield, Chester Arthur, Benjamin Harrison, William McKinley, Theodore Roosevelt, Harry Truman, e George W. Bush.
Por outra banda os seus servizos na Revolución Americana e sucesos posteriores é inmensa, levando ao imaxinario nacional a imaxinar esta forza como a responsábel da súa independencia do Imperio Británico... Si, os franaceses afundindo barcos da súa maxestade no Atlántico e deixando sen suministros ao mellor exército do mundo non tiveron ningunha incidencia na guerra, foron un grupo de granxeiros sen moito entrenamento os que deron conta dos home de Sir William Howe...
Estoume a liar un pouco, o tema ao que ía, no cinema tiráronse tres minutos e pico cun anuncio convidando aos espectadores a alistarse na Guarda Nacional. Youtube mediante, paso a compartilo.
O exército currouse buscar un grupo decente e pagarlles os dereitos desta inflama patria que vista un pouco despistado e de bo humor pode levar aos febles de espíritu a alistarse e ver as súas pelotas voando no Iraque... Ou algunha outra cousa. Vaia, que aquí saben tocar a fibra sensíbel e falan do exército, ou dunha parte del neste caso, como o que é: un grupo de persoas armadas e entrenadas para matar e para actuar en caso de guerra. Teñen tamén o punto de actuación en caso de catástrofe pero desde unha visión apocalíptica que casa bastante ben co ánimo bélico de todo o asunto.
Para comparar temos un anuncio dos amigos-dos-nenos/osos-amorosos/son-un-incompetente-retardado-pero-teño-que-comer ou o artista antes coñecido como Forzas Armadas Españolas (aka Ejército Aspañol).
"Quiero tené tu prensensiaaaaaahaaaha", "uno de los profesionales más útiles del mundo"... este, non, que non é nada serio e efectivamente vai ser que moi preparados non andan. Claro, os nenos métense no exército pensando que van comer hamburguesas e xogar ao fútbol con negros, logo van a Afganistán e...
Tamén é certo que de onde non hai non se pode quitar, porque se nos poñemos a citar os grandes momentos das FFAA a un lle entra entre noxo e vergoña porque desde a Batalla de Annual onde os rifeños tiveron a ben merendarse 13000 soldados de 18000 que formaban as forzas até o 23F(onde non só había guardas civís) a cousa pinta bastante chunga. De feito os maiores logros deste corpo no sXX poden atoparse nas súas "victorias" durante a Guerra Civil.
E sempre poderían facer historia porque algunha batalla si que gañou o Imperio Pequeno pero a historia e o exército nunca se levaron moi ben, en xeral.
En definitiva, que o exército yanki será todo o fascista que un quera e a política exterior dos EUA fede pero creándose unha imaxe quedan soiños.
Ao fin, gañaron no Vietname... ou non?
Ah, a peli moi boa :)
Posted by
Ignacio
at
3:00 PM
2
comments
Pero!?
A verdade é que a vida do manipulador informativo éche moi dura. Un empéñase en defender formas alternativas de ver a realidade e esta de cando en cando vai e devolve o golpe. Normalmente estes sucesos non son perigosos para a figura do manipulador, especialmente se un anda a manipular cousas que quedan moi lonxe do alcance dos manipulados.
Os exemplos son múltiples: Iraque, Cuba, Venezuela, Prestige... Pero imos centrarnos en Venezuela, que comparte hoxe portada no diario dos progres españois (aka El País) cos insultos dos reaccionarios contra Zapatero.
Vai ser que Chávez perdeu o referéndum, que me dá bastante igual vaia, pero un debera preguntarse: non dicían na COPE, El País, T5, etc que Chavez era un dictador absoluto con poder ilimitado? Non era que controla todos os resortes democráticos do país? Non era esta unha elección amañada? Pois vai ser que non moito porque perdeu.
Xa o home non as tiña todas da man cando tivo que aproveitar a excusa dese tipo tan campechano e encantador que tempos por xefe de estado sen que ninguén o votase (nin tratase de botar) para amosarse forte diante dos venezolanos, ou as ameazas aos EUA con non venderlles máis petróleo co mesmo fin.
Total, que perdeu o referéndum, por pouco, e nótase cada vez máis unha fractura no seu país.
Veremos que din agora os medios informativos españois, en defensa dos intereses españois na zona e sen vontade algunha de informar, sobre o caso.
Posted by
Ignacio
at
8:57 AM
4
comments
Saturday, November 17, 2007
Thursday, November 8, 2007
Hey, how are you? Are you injecting these drugs?

Son ese tipo de cuestións as que me fan darme conta de en que traballo. Iso e saber que custa máis que nos manden Ethanol para purificar (un pode querer usalo para o ponche navideño), que drogaínas varias para chutar ratos...
E que este pais é o que ten!
Posted by
Ignacio
at
2:06 PM
5
comments
Friday, November 2, 2007
Halloween 2007
Pois si, tralo 4th of July e Thanksgiving, a que probábelmente é a festa máis americana de todas xa consta na miña biografía (obviando adaptacións galegas da mesma dignas de todo respecto).
O tema básicamente ten a versión infantil, que consiste no que sabemos das pelis: nenos disfrazados indo de casa en casa pedindo caramelos. Pero as pelis minten e esa imaxe bucólico-urbanita vese adaptada á realidade da psicoloxía yanki pola máis real imaxe de grupo de nenos escoltados por un adulto en cada esquina recibindo caramelos de adultos esperando por eles na porta da casa. Como podedes imaxinar eu disto tirei unha boa colección de doces que, como neno grande, merquei relixosamente no super no canto de ilos mendigando por aí.
Despois temos, obviamente, a versión adulta na cal, segundo o comentario das miñas compañeiras de piso consiste en vestirse coa saia máis curta posíbel e pagar moito por un vestido coa menor cantidade de tela unida de xeito estratéxico. Este dato foi confirmado por nativos e tamén pola miña propia experiencia. Desgraciadamente non teño rexistro gráfico dese particular porque esquecín a cámara.
Pero, por sorte si teño rexistro da festa de Deanna na cal todo foi bastante tranquilo, como se pode ver nesta foto miña cunha banana e un tipo anónimo.
A festa estivo caracterizada por un san espírito competitivo baseado nunha serie de deportes festeiros característicos da vida universitaria americana. Nada que teña visto antes reflexado na séptima arte pero reocoñezo que ninguén parecía sentirse ridículo con aquilo.
Nesta foto podemos apreciar o que para min doi o disfrace do século, denominado "dick in a box". Para que vos fagades unha idea clara do asunto adxunto versión masculina e femenina (!?) da complexa vestimenta.![]()
Wtf? Si, iso pensei eu, pero nesta vida de científico que levo, un pode atoparlle explicación a todo a nada que se poña. A solución explicativa deste disfrace está, como non, no sempre pedagóxico youtube.
Ben, non é a versión habitual pero é que a estas alturas da película hai demasiadas versións libres e paso de andar mirando vídeos de adolescente bébedos...
E para rematar unha foto miña coa anfitriona na que se ve perfectamente o meu disfrace de "Quasimodo"...
Posted by
Ignacio
at
6:25 PM
7
comments
