Tuesday, October 2, 2007

Drogas

are_u_on_drugs Como bo funcionario do estado (de Illinois) que son, adico parte do meu tempo a ler o xornal. Desde que cheguei aquí recoñezo que a realidade política española comeza a semellar un mal sono produto da inxesta incontrolada de ácido lisérxico.

De feito creo que dagora en adiante debera perseguirse: o consumo de cocaína polos deputados do PP e o consumo de cocaína e alcol do malo por parte dos membros da xudicatura.

Evidentemente os do PSOE debe estar moi ocupado mezclando porros con cocaína e alcol para non facer nada máis que mirar diante deste espectáculo...

Saúde e terras!

Monday, October 1, 2007

Como nunha metáfora

Ser río en Chicago non é cousa sinxela, menos aínda se a un lle tocou a dubidosa sorte de ser canle artificial con aspecto de río. Sinxelamente iso cónverteo a un nun vertedoiro de lixo con bo aspecto. E ben pensado, postos a ser un vertedoiro é mellor ter bo aspecto.

 

Unha das queixas máis comúns que lles toca soportar aos que me rodean é a miña constante mención á auga e a ir en canoa como xeito de evasión. Nunca na miña vida pasei tanto tempo nun mesmo sitio, sen moverme da cidade que por ser grande non deixa de ser un lugar agobiante onde todo vai rápido.

 

Afortunadamente as miñas queixas foron escoitadas e Deanna, unha amiga que estuda Neurociencia en Northwestern (unha das mellores do mundo, todo hai que dicilo), decidiu sacarme de paseo na canle de Skokie, unha localidade cercana a Evanston e a Chicago.

 

Cando un chega ao río en cuestión, que no é río, todo semella bastante correcto con árbores verdes, moitas aves e ese son característico da auga a fluír.

 

Pero un ten a sensación de que por moi disimulado que estea o asunto ao final resulta que realmente a canle-río é so un xeito de mandar o lixo fóra, iso si, dun xeito moi axeitado.

 

E ben, como as imaxes sempre son mellores cás palabras cando se trata de ilustrar, toca colgar algunhas fotos:

 

Aquí unha das moitísimas garzas que saíron ao noso paso.

IMG_0405

 

As tartarugas tamén foron un elemento constante da viaxe, recoñezo que lle deron un raro aire de familiaridade ao asunto.

IMG_0410 IMG_0426

Como poñer fotos dos bichos e non das persoas queda entre feo e raro, esta é Deanna.

IMG_0422

E este un fulano con pinta de terrorista-despeluxado que se colou na canoa (e leva o chaleque mal posto).

IMG_0403 

Ah, e isto era o responsábel do aspecto "saudábel" da auga.

IMG_0430

Sigo vivo!

Tiña intención de escribir dous posts hoxe e os dous fican non-natos por problemas técnicos.

Espero ser quen de arranxalos para mañá.

DSCF0016-lg
Feliz inicio do curso!



P.S. Un está xa publicado, a ver que pasa co outro...


Tuesday, September 18, 2007

Misión Cumprida

Aínda que non informei do suceso, hai dúas fins de semana roubáronme a bici. A pesar de que paguei unha miseria por ela sentome como unha patada nos e ademais deixoume sen medio de transporte ultrarrápido para chegar ao traballo e ir ao super.

Tamén é certo que a culpa foi miña por deixala fóra da casa durante a noite, feito que os fillos de aproveitaron para cortar a cabo e levala... Moi triste.

Tras sufrir o lento que vai o mundo sen uns pedais decidín comezar coa busca dunha nova internet mediante. Atopei o que buscaba nun especie de Carrefour versión yanki chamado Target. Na páxina web consultei a disponibilidade no máis cercano á miña casa (15min en bus) e dicía "Limited Availability" o que interpretei como "quedan poucas". Fun alí e descubrín que quería dicir "non nos queda pero xa que estás merca algo" e merquei uns cascos para o Ipod porque os de serie son tan bos que pasaron a mellor vida.

Decidín optar por ir a uns dos que dicía "Available" non moi lonxe da miña casa (25min e dous buses). Fun e me perdín porque cometera un erro buscando a dirección. Subsanei o erro e voltei a tentalo non sen que antes Roberto me aconsellase ir temprano e voltar antes de poñerse o sol porque de camiño hai barrios dos bos de carallo.

E este é o resultado:


tontería

Por certo que "Available" significa "temos unha".

Monday, September 17, 2007

De probas

Os de Microsó andan a ofertar novos servizos Life e como son un pouco friki decidín probar como van con este post. Iso quere dicir que aquí non se conta nada interesante e que só ando a xogar.

Pero por iso de ter entretido ao persoal vou colgar algunha foto e así de paso comprobar se os de Redmond meteron a pata ou non.

Navy Pier 9-16-2007 001

Isto foi onte paseando polo Navy Pier, que é como lle chaman aquí ao porto de trasatlánticos. En tempos debeu ser un burdel de tamaño considerábel, pero agora esta inzado de turistas (coma min), familias e sitios onde gastar dólares de xeito tonto.

E para que ninguén se pregunte se realmente estiven alí, teño probas, que ademais serven para apreciar o skyline da cidade que se pode ver desde o Pier en cuestión.

Navy Pier 9-16-2007 003

Ah, e isto é un vagón de tren-metro valeiro un día pola mañá indo a Howard (non confundir con Howarts).Navy Pier 9-16-2007 010

Se vos fixades ben notaredes que se parece a calquera vagón metropolitano dos que se atopan por aí. E así é, non ten absolutamente nada de especial e até se pode dicir que é algo feo. Pero funcionan moi ben (e poderían facelo mellor).

Sunday, September 16, 2007

Marcho de paseo...

como hoxe e domingo vou aproveitar para ir dar un paseo e esquecer un pouco o traballo, estudos, etc. Con sorte chegarei a ver uma pelicula de dinosauros no IMAX do Navy Pier.

Pero ese non e o tema. O amigo Andres convidoume a ler un artigo de Suso de Toro publicado no diario dos progres espanhois e eu quero facer o mesmo convosco agora.

O link: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cataluna/Francfort/Galicia/elpepuespgal/20070916elpgal_7/Tes

O meu comentario: canta razon e que pouca xente traballando para amanhar o problema... Debe ser que a Cidade da Cultura ou discutir sobre o bilinguismo desafinado e mais importante que existir...

Wednesday, September 5, 2007

Que cousa é máis alta cá torre Sears?

Pois a botella de LK que o amigo Roberto tivo a ben traer de Gz.

Aquí como moito pódese atopar unha beberaxe inmunda marca Starbucks e por moi grande e variada que sexa a cidade, probábelmente esta sexa unha desas cousas realmente exclusiva dos afortunados habitantes do país.

Como vedes non usei flash para a foto, espero que se vexa algo!