Thursday, May 31, 2007

Non tan listos


E eu que tiña preparado outro post sobre ciencia! Vaia, que a miña operación para dominar o mundo avanza sen grandes retrasos. Os yankis, alleos ao meu pasado, tiveron a ven remitirme o meu número da seguridade social, co cal xa podo abrir unha conta bancaria, cobrar e o resto de actividades que soe facer un ser humano nunha cidade.

Polo tanto, a partir de mañá podo mudarme, aínda que non o farei até o domingo por motivos técnicos, e a partir de mañá podo ter conta.

Como dato anecdótico, hoxe decidín mercar galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) no supermercado. Pero cada vez que estaba tentado por algunhas había un ser obeso ao lado como dicindo: "se comes isto vas rematar así". Total, pasoume como tres veces, así que rematei por coller unhas galletas? (bolachas? galetas? biscoites!?) con pasas, que non lle deben gustar a ninguén, porque non había xente.

E moitas outras cousas, pero estou vago :)


Ah, e un regaliño para os compañeiros xerontólogos ;)

Por outra banda, realmente o número da seguridade social ven nesa merda de papel que vedes na foto. Todo o mundo insiste en que é super secreto, que o memorice, que non llo diga a ninguén, etc. E penso facerlles caso, ademais o meu é moi sinxelo de lembrar hehe.

Mira que quedou desorganizado este post!

Saturday, May 26, 2007

Un mes e dous días


Un sempre ten tempo nesta vida até que deixa de telo e entón xa non soe ser un problema. Esta frase levoume a unha divertida discusión con James, un farmacólogo nixeriano moi simpático que traballa no Instituto cunha "grant" do exército... Un home interesante e intelixente, teño que coñecelo mellor. Ademais ten unha habilidade impresionante para decapitar as enormes ratas que usa nas súas investigacións e iso non se ve moito.

Levo tanto tempo aquí que xa non me resulta raro saír de traballar e ver o skyline do downtown coa torre Sears presidíndoo, antes semellaba como un decorado pegado no fondo.

Tamén estou perto de ter casa, menos dunha semana, e con iso comezar a ver realmente que fago aquí, comezar a estudar, a ler e a sentirme como un habitante máis desta cidade.

Unha das cousas que distinguen a Chicago das outras mega-urbes (non mega-ubres) americanas é que os diferentes grupos culturais están bastante mezclados e só os negros de clase máis baixa están segregados da sociedade. Iso fai que nunha mesma festa se escoiten moitos idiomas e podas falar cunha persoa nativa de verdade, nativa colonial, hispana ou latina, europea dos lugares máis insospeitados e nin tan sequera terte movido dun grupo de persoas a outro.

Pero non está todo feito, aínda non teño número da seguridade social e iso significa que tampouco estou a cobrar o meu soldo, con todo o que iso significa. A ver se non tardo moito en ter unha conta bancaria con algún dólar dentro.

Apertas!

PS Non ven a conto pero aí vai unha de flores para os cochos de parte do cabalo de Troia que teñen en EL (in)MUNDO http://www.elmundo.es/elmundo/2007/05/15/descodificador/1179200715.html

Wednesday, May 23, 2007

Bloody hell!

Hai unha magnífica serie británica dando voltas por internet chamada The IT Crow (grazas Fran por descubrirma). Recoméndovos a todos que perdades un tempo en localizala e vela porque realmente é divertida.

Conta a vida dos tres membros do departamento de soporte informático dunha gran empresa. Os tipos están nun soto que parecen os baños dunha cárcere, son tremendamente antisociais, carecen de capacidades relacionais e, obviamente, son moi frikis. Un dos tópicos é que de cando en cando alguén da empresa baixa ao soto e lles parte a cara. Hoxe comprendín o motivo.

Como empregado do Instituto de Psiquiatría teño que ter unha conta de correo asociada ao mesmo, serve para comunicarse en calidade de parte do equipo con calquera instancia e faime falla para conquistar o mundo. A cousa é sinxela, un contrátanno e ábrenlle unha conta cunha dirección composta pola inicial do nome e o derradeiro apelido. Até aí ben, pero non foi así.

O meu IT dept está no quinto piso, xunto coa administración, pero mentres os de administración teñen paredes bicolor nos corredores e sofás onde esperar tranquilamente ser atendido, os de IT teñen unha morea de computadores escarallados acumulados no seu hall e uns feos azulexos verdes nos corredores.

Como o meu correo non funciona, cando fago log in dá un erro, fun alí para que o solucionaran. Atendeume unha inútil total que me dixo que ao día seguinte estaría arranxado, folga dicir que mentres falaba comigo non despegou os ollos do computador nin quitou os auriculares que levaba postos.

Ao día seguinte seguía co mesmo erro así que cando tiven tempo, no canto de usalo para algo interesante, voltei ao dungeon do IT dept a falar coa boa señora borde. Fíxenlle saber que a miña conta seguía igual ao cal puxo cara de contrariedade... Nese intre pensei que tería tratado de solucionalo e lle soprendía saber que non funcionara (craso erro).

Levoume a unha sala inzada de computadores con varios ruidosos servidores DELL Power Station (PowerEdge) e unha morea de máis borralla informática. Alí fixen login nun dos computadores e saiu o mesmo erro. Fedellou nalgunhas cousas, descubriu que non estaba no listado de correos do departamento (o cal demostra que non fixera nada o día anterior, porque se non estou no listado difícilmente ía funcionar nada) e prometeu arranxalo para o día seguinte.

Sorpresa! Ao día seguinte segue a dar o mesmo puto erro, decido deixar de loitar contra as circunstancias e pasar. Por sorte Saleem (o alemán que estaba antes no meu posto) deume a solución. Ir falar con Roberta.

Roberta é a secretaria de toda a vida do Director do Instituto, é tamén a administradora e ademais é xudea, grande e bastante maior. Conteille o sucedido é fíxome notar que me tomaran o pelo, pero que mandaría un encargo oficial ao de IT para que o arranxasen e que agardase até mañá.

Pero ao dái seguinte non funcionaba aínda! Fíxenllo notar a Roberta que directamente subiu comigo. Falou coa incompetente de sempre, deixounos no cuarto dos servidores ruidosos con dous hindues que deben estar esclavizados alí e marchou. Díxenlle a Roberta que se quería marchase que xa agardaba eu pero respostou que prefería comprobar que a tipa regresaba (WTF?). Cando regresou fíxome facer log in nun dos computadores do dungeon e Roberta marchou.

O mesmo puto erro (que coño estivo facendo mentres nós esperabamos???). Resposta da individua: estamos traballando niso. Pergunto, ok, cando vai estar arranxado?. Reposta: non sei. Apago o computador mentres a tipa dime que non o apague. Demasiado tarde, mentres me di que prefiren non apagar os computadores eu vou marchando e só digo "sorry" (e penso "fuck you bitch!").

Nese intre empaticei tanto cos que machacaban a cara Roy na serie The IT Crow... marchei para evitar empregar a violencia. Estaba realmente cabreado. Conteille a historia a Roberta e marchei porque estaba farto de perder o meu tempo con algo tan absurdo.

Estaba a facer parellas de ratos mutantes cando me dixeron que Roberta andaba a buscarme. De novo subiu comigo á mazmorra dos do IT dept. Díxome que íamos falar directamente co xefe de todos aqueles incompetentes. Resultou ser un tipo bastante amábel cun gran despacho e varios portátiles sobre a mesa.

Despois de me preguntar se os meus apelidos eran "Roudrigues Días" (what!)e escribirlle o meu nome e apelidos cambiu a miña clave de acceso e díxome que mañá estará amañado. Ben, esa semella unha boa solución, porque soa a que resetearán a miña conta e pasarán de lidar co motivo do erro.

Pero veremos...

Por certo, a serie vai ser traída aos EUA, e van conservar ao actor que fai de Moss.

P.S. Xa teño conta de correo do instituto!

Tuesday, May 22, 2007

Sendo breve

Toca ir durmir na cidade do vento, hoxe descubrín que non sempre este é frío. Saír á rúa é como meterse nun gran secador de pelo, aínda que por agora a resulta agradábel.

Sen vir a conto: o meu xantar foi nun raro restaurante italiano cercano ao campus. A miña xefa directa convidounos a min a outros investigadores do meu nivel xunto ao meu supervisor (e xefe da miña xefa) e ao xefe do meu xefe, tamén estaba alí o xefe dalguén máis (James, un farmacólogo africano moi simpático). Do xantar só salientar que as "chicas de oro" estaba comendo unhas mesas máis aló, que Frank Sinatra estaba presente (en son e retratos) e que o emprego da palabra "sex" é moi restrinxido. En caso de dúbida, nos EUA, preferide "gender". Creo que lle alegrei o día á tropa de xefes.

E para rematar, o diarío dos progres españois publicou un artigo do redondelán Ignacio (bo nome...) Ramonet sobre a folga do metal en Vigo --> http://www.elpais.com/articulo/Galicia/batalla/Vigo/elpepuespgal/20070523elpgal_11/Tes

Bo día!

Monday, May 21, 2007

Isto é demasiado divertido

Normalmente os luns non pasa nada, iso tamén é certo neste país, como non me queda máis porno para poñervos vou compartir algunha neura.

Hoxe EL PAIS ten a ben ofrecernos un pouco de humor político da man das dirixentes das franquicias para a mocidade dos principais partidos galegos. As preguntas manteñen o nível das respostas e o formato é claramente unha estupidez. Evidentemente nin ao xornal español lle importa a opinión dos galegos nin os grandes partidos pretenden facer nada por nós.

Para quen teña gañas, aí tedes o link http://www.elpais.com/articulo/Galicia/votan/jovenes/elpepuespgal/20070522elpgal_7/Tes
(podedes perder algunha neurona durante a lectura!).

Por se alguén tiña dúbida non, non vou votar nesta eleccións. Ah, se non o fixestes xa, podedes revisar ente post do bo de Andrés http://www.blogoteca.com/turonio/index.php?cod=15715
aquí non hai risco de dano neuronal e é un bo xeito de tomarlle a medida á mocidade, polo menos á que usa a cabeza.

E nada máis, se non hai comentarios xa non me traumatizo, seguirei buscando algo de carnaza para vós... Hoxe confórmome con ver un programa da NBC onde "cazan" pederastas... Chámase Dateline é resulta dobremente repugnante.

Ah, como gadget tonto pero útil, quédome con este http://usb.brando.com.hk/prod_detail.php?prod_id=00286

Saturday, May 19, 2007

O que só pode pasar nun país coma este (ou: conservadores os yankis, noooon)


Ante o enorme éxito dos dous post anteriores (irony), véxome obrigado a empregar dúas técnicas básicas para a supervivencia dun blog: polemizar e aproveitar o traballo feito por outros.

Os EUA caracterízanse por ser moi variados, podes atopar desde xente demasiado liberal e persoas absolutamente convencidas de que todo o que se di na biblia debe ser interpretado literalmente. Como exemplos do segundo hai de sobra nas noticias, voume centrar no segundo.

Descubro grazas á web 2.0 que entre as diferentes actividades dispoñíbeis para os alumnos das universidades máis antigas, e algunhas das mellores e máis ricas (que ven a ser o mesmo), dos EUA (as denominadas Ivy League) atópase a de facilitar o onanismo do persoal.

Vaia, que os undergraduate adícanse a editar unha revista porno na cales eles mesmos son os protagonistas. O movemento tivo tanto éxito que xa outras universidades de liga andan interesadas (bueno, as universidades non, os alumnos). E tivo unha repercusión económica tan forte que AOL-Warner mercou os dereitos INTERNACIONAIS da edición dun libro baseado na revista.

O sexo move diñeiro e o diñeiro move o mundo.

Que gran país!

Neste blog informan do asunto http://paisimaginario.blogspot.com/2007/05/la-warner-compra-y-distribuye.html
(non hai pornografía despois do link, perdón).

Así que xa sabedes nenos, a conseguir montar a primeira revista porno da USC e de paso montarvos no € pero eu paso de ser modelo que non me quero depilar.

(se non hai comentarios a esta entrada enfádome)

:)

Thursday, May 17, 2007

O día das letras Galegas!


Se non chega a ser por un bo galego que me avisa (graciñas, Galileo galiciano), nin me tería enterado. E iso que sei a data!

Supoño que llo adicarán a alguén con moito mérito e que seguro vendeu moitos libros nos liceos este ano. Pero a min dáme bastante igual. Tal día como hoxe aproveito para reclamar o día das letras galegas para un gran nome ignorado da nosa literatura: o señor Ricardo Carvalho Calero.

Ignorarnos e transfigurar o noso pasado sonche uns deportes moi practicados no noso país, especialmente cando un adica a súa vida e a súa obra a Galiza. Así grandes figuras galegas atópanse tan deturpadas que, por exemplo, Castelao pode ser reclamado como ideólogo de calquera dos partidos que actualmente compoñen o parlamento galego.

Mais estou a perder o rumo, Carvalho Calero non foi distinto niso, e este magnífico lingüísta, escritor e avogado foi sileciando, ocultado e negado polo oficialismo até tal punto que prefiren adicarlle o día das letras galegas a calquera antes cá el. Con sorte adicaránllo antes a Fraga...

Corto e pego da wikipédia (o resalte é meu):

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Compostela, 1990) foi um filólogo e escritor galego do século XX, o primeiro Catedrático de Língua e Literatura Galegas, considerado o grande pensador do reintegracionismo lingüístico.

Escritor, nacionalista, teórico do reintegracionismo e professor universitário, é uma das figuras mais proeminentes do universo intelectual galego do século XX. Nascido no bairro de Ferrol Velho, em Ferrol, no seio de uma família acomodada, participa do republicanismo estudantil da FUE, e nas mobilizações que esse sindicato lança contra a ditadura de Primo de Rivera. De formação jurista, posteriormente complementada com o curso de Filosofia e Letras, elabora parte do rascunho da proposta estatutária apresentada pela Assembleia de Municípios de 1932 e colabora com o nacionalismo de esquerda organizado ainda de maneira precária na Esquerda Galeguista e nas publicações Claridad e Ser.

Após o golpe de estado fascista de 1936, faz-se combatente voluntário em favor da República, caindo preso durante anos, sob a acusação de "separatista".

Publica a primeira História da Literatura Galega, sendo o primeiro catedrático de Galego na Universidade de Santiago de Compostela, onde culmina a sua carreira profissional. Comprometido na elaboração teórica e na expansão prática da proposta reintegracionista através da Associaçom Galega da Língua, fundada em 1981, é excluído e censurado pelo oficialismo cultural surgido da instituição autonómica cedida pelo Estado espanhol à Galiza a partir desse mesmo ano. Ele próprio explica que a censura se deve a "professar, em matéria de língua, as ideias de Castelao", em relação à sua firme defesa da unidade lingüística galego-luso-brasileira, mantida já antes de Carvalho não apenas por Castelao, mas também por Manuel Murguia, João Vicente Biqueira, os irmaos Vilar Ponte, Jenaro Marinhas del Valle ou Ricardo Flores e, em geral, o movimento nacionalista galego que parte do século XIX e chega aos nossos dias considerando o galego uma forma do português falada ainda no berço onde nasceu, por volta do século IX.

Morre em Compostela em 1990. O silenciamento oficialista imposto à sua figura intelectual mantém-se após a sua morte e continua a dia de hoje, correspondendo ao movimento reintegracionista manter acesa a chama da sua memória.

Obra essencial por géneros

Poesia

* Trinitarias, 1928
* Vieiros, 1931
* La soledad confusa, 1932
* O silencio axionllado, 1934
* Anxo da terra, 1950
* Poemas pendurados dun cabelo 1952
* Calteiro de Fingoi, 1961

Colectâneas:

* Pretérito Imperfeito, 1980
* Futuro condicional, 1982
* Cantigas de amigo e outros poemas, 1986
* Reticências, 1990

Teatro

A sombra de Orfeo Farsa das zocas A arbre Auto do prisioneiro, 1971 Teatro Completo, 1982

Narrativa

* Gente da Barreira, 1950
* Scórpio, 1987 (antes da moda da Guerra Civil que vimos de pasar)

Ensaio

* História da Literatura Galega Contemporânea, 1963 (reedições em 1975 e 1976)
* Sete poemas galegos, 1955
* Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961
* Gramática elemental del gallego común, 1966
* Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966
* edição de Cantares gallegos de Rosalía de Castro,1969
* Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1970
* Sobre lingua e literatura galega, 1971
* Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972
* Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, 1972
* Estudos rosalianos, 1977
* Problemas da Língua Galega, 1981
* Da Fala e da Escrita, 1983
* Letras Galegas, 1984
* Escritos sobre Castelao, 1989
* Do Galego e da Galiza, 1990 (Póstumo)
* Umha voz na Galiza, 1992 (Póstumo)



Como podedes ver non foi precísamente moi prolífico (ironía), e pódese considerar un autor pouco dado a cultivar distintos xéneros literarios (ironía).

O caso de Ricardo Carvalho Calero é un síntoma, un síntoma do doenza que sufre Galiza!

Marcho traballar!

PS Lede algo seu e bebede un Lk por min, outro polo señor R C C e outro polo país.

Wednesday, May 16, 2007

Serebroooooooooo


Como Joey estivo a facer ben o seu traballo rematei por variar a miña orientación desde a Neurociencia máis biolóxica á máis cognitiva.

O tema da neurociencia resulta bastante sinxelo en orixe: se asumimos que todos os cambios observábeis nun organismo son debidos a cambios físicos propio organismo, estes cambios deben poder ser medidos e postos en relación. Así, do mesmo xeito que o movemento depende da flexión e extensión coordinada dunha serie de músculos; a mente e o comportamento deben depender de cambios na estrutura que consideramos responsábel dos mesmos: o Sistema Nervoso Central.


Até aquí ninguén soe poñer moitas pegas, sempre que un se limite a estudar as bases fisiolóxicas da percepción, a aprendizaxe, a memoria... ou, como é o meu caso, as bases dunha doenza psiquiátrica cun diagnóstico concreto baseado na presencia ausencia de certos síntomas.

Con todo, se calquera experiencia humana debe ter o seu substrato en cambios no SNC, iso inclúe tamén os episodios místicos e as vivencias cercanas á morte.


Pero claro, neste punto a cuestión complícase bastante. Por unha banda temos a tropa de imbéciles (todo o meu respecto para os imbéciles) de Iker Jimenez gañando diñeiro a base de confundir ciencia coa súa propia imbecilidade... E por suposto temos a todas as personas que consideran eses aspectos da existencia como vencellados á alma e polo tanto fóra de todo posíbel enfoque científico.

A cuestión é sinxela, desde o momento en que non hai xeito de poñer a alma dentro dun aparello de resonancia magnética ou laminada debaixo do microscopio, a ciencia non se interesa nela como tal. Mais si cabe debaixo da óptica científica os cambios do SNC cando se atopa baixo o influxo deste tipo de episodios.

Tras este peñazo, a parte interesante do artigo. Adxúntovos tres papers (grazas Joey outra vez), con investigacións ao respecto do tema. Para os non iniciados tentade quedarvos coa música e ignorade os palabros máis raros.

Have fun.

Artigo 1

Artigo 2


Artigo3

Monday, May 14, 2007

Algo se vai aprendendo


Pois si, ademais de a facer some biological stuff, aprendín cousas útiles para sobrevivir nestes lares. E como son un monte de virtudes todas xuntas, unha sobre outra, vounas compartir convosco.

Para comezar, dá igual o que esteas a pedir, se che preguntan se prefires a versión large di NON (como no anuncio das droghas). Vaia, a visión de grande neste país é semellante ao que nós consideramos demasiado grande ou monstruoso. Así que por moi boa que estea a batida, se vos preguntan pola opción large dicide NOOOOOON. En caso contrario o voso volume abdominal vaise resentir.

Como anexo ao consello anterior, preguntar pola opción small é perder o tempo. Non hai, con sorte haberá medium...

Outro elemento a ter en conta, hoxe vai de comida o asunto, é que se algo vos parece demasiado doce no voso país, aquí éo máis. Iso inclúe calquera alimento que pase polas vosas mentes, desde a Coca-Cola Light (Diet aquí ou de dieta se estás entre hispanos) a unha Turkey sausage, por exemplo.

E por último, algo que aprendín esta fin de semana. Se vos perdedes e rematades nun gueto negro non teñades medo, son boa xente en xeral. Iso si, se indo por un barrio negro vedes un branco: non fagades contacto visual, afastádevos del en canto podades e procurade vixiar os seus movementos. Os brancos que viven neses barrios SI son perigosos.

Non vos iredes queixar, cos consellos do bo de nacho chegaredes lonxe neste país. outro día que non teña nada que contar continúo.

Bicos

Thursday, May 10, 2007

Pasa moito


A verdade é que a miña vida vai tranquila e até monótona estes días. Hoxe ía ir cear sushi pero nin iso. En definitiva, nada que contar.

Por iso vou compartir unha páxina friki coas vosas ilustradas mentes. É unha web adicada a Rusia, ese gran país, feita por rusos para o resto do mundo.

Visitar a páxina serve para descubrir outro dos países interesantes para viaxar neste planeta... Eu preferiría viaxar a outros planetas pero nacín no século que non era.

Para que vos vaiades facendo unha idea de por onde van os tiros, no país do Kalasnikov, déixovos unha foto tirada da web e un link a un dos moitos artigos. Concretamente con fotos de francotiradores soviéticos na Segunda Guerra mundial (homes e mulleres, claro).
http://englishrussia.com/?p=905#more-905


Monday, May 7, 2007

Oh my god!

Son moi reticente a facer relatos demasiado biográficos nun blog, soen ser moi egocéntricos e por moi egocéntrico que eu poda ser, sei que a xente prefire non sabelo...

Pero hoxe foi un día ben raro.

Hoxe o meu xefe, director científico do Instituto Psiquiátrico, daba un seminario ás 9:30, era importante para todos chegar a tempo, como podedes deducir. Así que decidín levantarme cos kosovares para evitar acidentes desafortunados dado que ao ritmo de Roberto xa cheguei tarde unha vez. Así que ok, acordo e me ducho, lévolles vantaxe porque eles aínda andan en pixama pola casa.

Pero non sei como, cando estou preparando o meu almorzo eles xa están listos, como pode ser? Pois porque se duchan pola noite e, iso si que é raro, por algún motivo que descoñezo os kosovares non almorzan, ou peor, comen algo mentres camiñan. Así que tiven que acelerar o meu, de por si bastante rápido, ritmo de inxesta, coller as miñas cousas e decidir que cepillar os dentes era un tempo que non podía perder.

Co meu estómago preguntándose a que viña tanto odio, fun ao seu paso até o instituto. Para contextualizar aclaro que hoxe comezan os "final exams" para os yankis, que son o que o seu nome indica. Cando entramos no edificio atopámonos unha amábel señora negra convidándonos a almorzar algo antes dos exames. Eu dixen . "No, thank you" pero cando me din conta os malditos kosovares estaban no medio dos undergraduates tratando de recolectar todo o que podían entre teses, cafeses e bolos variados nos menos de cinco minutos até a presentación de Dr. Guidotti.

(Fago un alto aquí, imaxinades unha faculdade galega ofrecendo almorzos gratuítos aos seus alumnos para facer os exames con calma?)

Sigo: eu fun menos listo e fixen por comer unha especie de donut obeso mentres traba de chegar ao lugar do seminario. Pero inxerir alimento, camiñar e tratar de non perderme fanme comer despacio, así que cando por fin cheguei aínda tiña 1/4 de donut obeso na man. Non podía entrar con el alí, porque había moitísima xente, así que gardeino no peto e entrei.

Hoxe, ademais do meu xefe, estaba tamén o xefe de Guidotti, o Dr. Costa. Este home de pode que 83 anos ten todos os premios científicos pertinentes menos o nobel, ao cal obviamente, é candidato habitual. Como a min nin me vai nin me ven tomei asento.

Como sucedera a semana pasada, a xente toma o asunto dun seminario os luns como un xeito de chegar tarde ao traballo, así que durante media hora, co seminario en marcha, estivo entrando xente.

A cada un, Costa botáballe a bronca por chegar tarde, a falta de respecto, etc. E eu sentíame cada vez máis nun instituto o nunha escola primaria. Os que chegaban tarde era investigadores postdoutorais ou incluso investigadores cos seus propios proxectos, e alí estaban recibindo e aceptando a broca... Ao final, mosqueouse e xa advertiu que para a próxima o seminario comeza ás 9:15 e ás 9:30 se pechará a porta.

O seminario, a todo isto, versou sobre a necesidade de superar a hipótese dopaminérxica da esquizofrenia e a posibilidade de centrar os novos obxectivos nos mecanismos epixenéticos, concretamente na metilación-desmetilación das histonas... Interesante, debo recoñecer.

Isto foi todo e polo pronto tocou facer algunha cousa científica para xustificar a existencia de todos eses chismes caros que andan polos laboratorios. Concretamente, continuei cunha inmunohistoquímica que tiña incubando desde o venres pasado. E cando o protocolo me deu un descanso de unha hora, marchei comer con Adrian, Ekrem e Bashkim, vaia, os kosovares.

O Pompeii é un restaurante italiano yanki bastante interesante ao lado do Instituo, e alí comen principalmente xubilados, policías e estudantes. Entre os policías sobresaiu un tal Yoshimura, un SWAT como un armario con chaleque antibalas e un pistolón ben gordo (falo un arma curta, aclaro), diría o modelo se me tivese atrevido a mirar detidamente a aquel cruce entre un loitador de sumo e un culturista. Polo tanto xa vin armas nun comedor con estudantes universitarios e sigo vivo. Moitos diredes que o levaba un policía, pero todos sabemos o perigosa que é esa xente.

Despois, volta ao laboratorio e á inmuno, polo medio falar cos meus pais durante un dos lavados do tecido e ei! traballo feito antes das cinco. E ademais todo o mundo me felicita polo ben que me saiu. Ante tanta felicidade decido relaxarme mandando algún correo e lendo algúns artigos.

Nalgún momento Bashkim entra pola porta e anuncia que o laboratorio da investigadora que coordina todo o traballo coa colonia (vaia os datos dos ratos cos cales teño que traballar) está así como moi inundado.

Cando chegamos alí o espectáculo era bastante lamentábel, había unha pingueira directamente enriba do seu monitor e os papeis da mesa estaban mollados, ademais, unha encantadora fervenza saltaba sobre a CPU.

Fixemos o que puidemos por salvar o que alí había, especialmente o material de laboratorio como centrífugas e demais que ven a ser bastante caro... e pesado. Depois subimos á terceira planta, que está en reformas, a ver que pasaba. Unha tubería rompera coa obra e os operarios aranxárona con pouco máis que un chicle... podedes imaxinar. Estivemos alí un bo intre agardando polo enxeñeiro a ver que se podía facer. Ademais, como falo español era o encargado de indicarlle ao operario onde era mellor poñer a bomba para succionar a auga.

Bastante mollado fun para casa. A idea era darme unha ducha e ir firmar o contrato do meu piso. Esta parte é bastante estúpida e delirante. Se alguén pensa que a language barrier non existe, mellor que lea isto. Anticipo que todo o mundo opina que o meu inglés é bo, investigadores e xente en xeral, pero esta historia demostra o contrario.

Fun firmar o contrato con Sammie, un alemán moi simpático que estaba facendo o meu traballo até agora e que coñecín a fin de semana. Estivemos falando coas miñas futuras compañeiras até que chegou o dono e logo nos puxemos. Firmei o contrato, paguei e cando me din conta resultou que non podía ocupar o meu piso até o 18 de xuño, e non de maio coma eu pensaba.

Resulta que Roberto e mais eu confundímonos e, non sei, todo foi moi raro. Ao final Sammie, botoume unha man e creo que poderei atopar algo para vivir mentres porque necesito ter un cuarto ou me vou voltar tolo.

Atopei algo, barato e pequeno perto da UIC, pero unha rapaza vai ir velo antes cá min, se ela non o quere, veremos.

E esa é a miña vida.

Ah, cando tentei sonar os mocos, atopei 1/4 de donut obeso nos meus kleenex.

Saturday, May 5, 2007

Semana e dous días


Ese é o tempo que levo nesta cidade. A experiencia está en xeral a ser bastante positiva, grazas ás persoas coas que me topei e a estar nunha cidade grande onde é complicado non atopar algo que facer.

Cada un ten o seu xeito de asumir que vive nun sitio, para min hai dous fitos importantes.

O primeiro é ter que lavar a roupa, cousa que fixen o venres pasado. Para os non lectores de Spiderman aclaro que é certo, a lavadora e a secadora son públicas, no meu caso, compartida co resto do edificio. E ademais por secar págase, un dólar en catro moedas de 1/4.

E o outro fito é recortar a barba, iso fíxeno hoxe. Así que xa podo asumir que vivo aquí, con todo sigo a espera de atopar casa.

O tempo pasou rápido, case sen enterarme... coa gran maioría das persoas queridas manteño relación e non quedades tan lonxe. Sei que pouco a pouco iranse espallando as comunicacións, o cal é normal, pero lembrade que algunha visita teredes que me facer.

Nada máis, verei que me depara a noite.

Día longo


Pasaron moitas cousas hoxe e ningunha cabe nun post. Teño a cabeza dar voltas, o meu nirvana persoal rematou.

Por certo, un consello que serve para a vida pero é especialmente certo nos EUA. Se eres muller e bebes até case perder o coñecemento, procura que os teus amigos non te perdan de vista (e procura que os teus amigos o sexan realmente), porque aquí a xente vai ao que vai.

Como podedes supoñer ao final do día, longo, saín dar unha volta con Roberto e Bashkim. Estivemos nun clube bastante semellante ao que eu esperaba da cidade (para os frikis, tiña moito de Succubus Club), pero a xente aquí é rara de carallo. Cando non beben son normais e simpáticos, pero de festa... perigosos.

Deixovos unha foto do kebab que me comín despois, os de Compostela son mellores sen dúbida.

Pregúntome se este día sería tan raro por beber auga ao lado dun contentor radioativo (agora xa sei que non debo facelo), quen sabe.

Thursday, May 3, 2007

Por contextualizar

Sonche cousas que pasan, certamente aquí algúns aspectos do traballo son distintos. Lembro especialmente de Santiago que as luvas azuis só se podían empregar para manipular certos materias tóxicos, porque son caras. Para o resto eran as luvas normais de exploración as usadas. Nin que dicir ten que as luvas azuis de nitrilo molan moito máis e dan a sensación de estar facendo algo importante, dá igual que esteas a limpar algo.

Resulta que aquí non é igual, estiven traballando coas luvas azuis un ratiño porque eran as que tiña máis perto. Nalgún intre cambiei da laboratorio, quiteinas. cando voltei traballar xa non as tiña (soprendente, pasa cando deixas obxectos en sitios distintos). Cando fixen ademán de ir ao outro laboratorio a buscalas Ekrem díxome que sinxelamente collese outras (azuis tamén). Ao explicarlle que en Santiago facíamos por evitar ese desperdicio amosouse algo sorprendido. Depois xa me indicou que non me preocupase e collese as que quixese tam pronto as precisase.

Ao final, entre despistes e outras tonterías gastei tres pares de luvas de nitrilo... Queda claro que por segundo que aspectos da vida non hai moitas preocupeacións aquí.

Noutra orde de cousas, non son moi dado a facelo, pero mentres sacaba fotos tontas de chismes raros no labo acabei por facerlle unhas fotos aos meus compañeiros (Bashkim e Ekrem), máis que nada porque a xente soe ver raro que tires fotos de obxectos e non de persoas... e porque son bos tipos, coño!

Así que vos deixo algunhas para que vexades que sigo vivo (e máis gordo?) e por onde me movo.


Wednesday, May 2, 2007

A todo isto!

Un pode chegar a preguntarse, eu tendo a facelo bastante: que demonios estou facendo aqui? Ademais das implicacións pseudometafísicas da cuestión, en resposta a isto, unha das miñas actividades aquí é investigar.

Polo pronto, o meu traballo consiste en probas condutuais en ratos mutantes e non muntantes (wild type). E iso foi o que fixen hoxe.

Os ratos foron expostos a un son agudo previo a unha descarga eléctrica os ensaios suficientes como para amosar respostas de medo ante a presentación do son. Cando cheguei esta parte xa estaba feita, na seguinte fase os ratos son expostos ao son sen descarga durante cinco minutos. Ao sacar un rato para meter o seguinte sempre hai que limpar as cagadas que deixou como consecuencia do medo.

De feito, aínda que medimos o tempo que pasan paralizados para avaliar o medo, penso que poderíamos facelo contando cagadas. Por outra banda non sei se os meus xefes estarán polo labor de presentar un artigo titulado "Shitting a lot: a new approach in behavioral fear studies".

Nesas estaba cando tiven diante de min un deses ratos mutantes na caixa, antes de comezar a sesión experimental. Mentres o meu compañeiro lidiaba co programa de rexistro, que faia unha vez cada cinco, estiven a xogar co rato.

Descoñezo a razón, en verdade son todos bastante iguais e dubido moito que este tivese algo especial, pero algo fixo que lle prestase esta atención metodolóxicamente anómala.

É dicir, aclaro que emprego luvas para manipulalos, paseille o dedo por enriba do lombo e movino diante do seu nariz, iso debeu ser por 90 segundos.

Cando, despois dos cinco minutos de son agudo, voltamos entrar o meu compañeiro sinalou que curiosamente este rato non deixara ningún agasallo para nós "It's a brave mouse". Vaia, na caixa non había ningunha mini bosta que eliminar.

Deste accidente pódense sacar moitas conclusións, cédovolas.

En cinco minutos...

que é o tempo restante antes de saír da casa para traballar no instituto pola tarde, escribirei esta entrada.

Só pretendo ilustrarvos sobre o outro tipo de pasos de peóns presentes na cidade para dar por rematado ese complexo asunto. Son estes:

Este tipo de pasos obrigarían ao teórico obsesivo a ter que escoller entre unha das dúas liñas para evitar pisar o asfalto. E o obrigarían a camiñar ao xeito dun funambulista.

De paso podedes ver a Bashkim, o médico kosovar, facéndome de modelo e a porta de entrada ao intituto de psiquiatría ao fondo.

Espero ter algo máis tempo á noite para vós.

Apertas e bicos para todos, repartídeos como vexades.

Tuesday, May 1, 2007

Chiscadeiras

Aínda que hoxe tiven a miña primeira confusión co meu xefe (produto da miña iniciativa persoal, non do idioma). A entrada de hoxe vouna adicar a encher algún oco.

Levo uns días nesta cidade e polo dagora o clima está a ser bastante benévolo, co cal a xente comeza a ir cómoda e a empregar sandalias e todo ese tipo de calzado característico desta época. Déixovos unha fotiño ao respecto.

Como sei dalguén cunha dúbida sobre o aspecto dos pasos de peóns na cidade (curiosa dúbida pensaredes os non implicados), aclaro que hainos de varios tipos. Por sorte, ademais dos que non permiten certas artes obsesivo-danzantes, están estes:


Como creo que cada vez os meus posts son máis raros vou ir cortando un pouco.

Téñovos a algúns un pouco perdidos, pero asumo que a vida segue e se cadra aínda non tivéchedes tempo de mandar un correo-e. Emprazados quedades cando os fados vos deixen.

Sorte con todo por aí.

Bicos, nenos e nenas

(E non, a mancha vermella no paso non é sangue!)